Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2000 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso restrinxido, de asistencias técnicas para a elaboración de proxectos de diagnóstico e propostas de plans de mellora para as empresas galegas.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso restrinxido para a contratación de asistencias técnicas para elaboración de proxectos de diagnóstico e propostas de plans de mellora para as empresas galegas.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, telf: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CR nº 1/2000.

2. Obxecto do contrato:

Asistencias técnicas para a elaboración de proxectos de diagnóstico e propostas de plans de mellora para as empresas galegas. Desenvolveranse proxectos de diagnóstico nun máximo de 50 Pemes e 10 asociacións empresariais ou cámaras de comercio da Comunidade Autónoma de Galicia.

As empresas seleccionadas serán invitadas en diferentes ocasións a presentar proposicións para a contratación dos distintos traballos de diagnóstico empresarial que o Igape vaia aprobando ás empresas e entidades galegas. O Igape poderá cursar invitacións ata o 30 de setembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: restrinxido.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento máximo de licitación: 80.000.000 de ptas. (IVE incluído), orzándose o prezo medio por proxecto para Pemes nun máximo de 1.000.000 de ptas., IVE incluído, e o prezo medio por proxecto para entidades nun máximo de 3.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Enderezo: San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña .

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de solicitudes de participación.

6. Presentación das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do día 24 de agosto de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da solicitude mediante telex ou telegrama que deberá ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de solicitudes, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Criterios de selección de licitantes: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Apertura das solicitudes de participación: na sede do Igape ás 11 horas do 30 de agosto de 2000.

f) Número de empresas que se seleccionarán: 5.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 10 días naturais desde a recepción da correspondente invitación.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares e na correspondente invitación.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura das ofertas.

8. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación dos proxectos obxecto de contratación.

9. Clasificación: non se esixe.

10. Variantes: admítense sobre metodoloxía e medios propostos, duración dos estudios, prazos de execución, métodos propostos para implicación do persoal das empresas obxecto de estudio, melloras ofertadas e prezos.

11. Vixencia e prazos de execución: a vixencia da contratación esténdese ata o 31 de decembro de 2001, prorrogable dentro dos límites legais salvo denuncia das partes cun mes de antelación á finalización do período de vixencia. O prazo de execución dos proxectos contratados será o establecido na oferta técnica do adxudicatario, cos máximos en cada caso establecidos na invitación de contratación.

12. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica