Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de asistencia técnica para revisión de expedientes en tramitación na Área de Financiamento do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de asistencia técnica para revisión de expedientes en tramitación na Área de Financiamento do Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n 15703 Santiago de Compostela, telf: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 13/2000.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para revisión de expedientes en tramitación na Área de Financiamento do Igape.

Prazo de execución: os establecidos na oferta técnica do adxudicatario. En todo caso o prazo máximo de entrega dos informes de revisión contratados rematará o 30 de setembro de 2000, salvo os relativos ós expedientes de liquidación dos convenios de comercio retallista 1996-98 que rematará o 30 de outubro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 9.000.000 de ptas. (nove millóns de pesetas), IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (180.000 ptas.).

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do oitavo día natural seguinte o da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre metodoloxía proposta, prazos de execución, melloras e prezos.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 12 horas do 25 de agosto de 2000 procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do 30 de agosto de 2000 procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica