Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2000 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun local sito na rúa Eugenio Fadrique, número 8, con destino a albergar servicios da Dirección Provincial de Vigo do Servicio Galego de Saúde.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas de acordo co Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se estabece a estructura organica dos servicios centrais do Sergas

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que pola urxencia de lle dar cumprimento ó disposto na Orde do 22 de outubro de 1999 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais pola que as direccións provinciais do Sergas asumen a petición, recepción, almacenamento, custodia e distribución dos talonarios de receitas oficiais do organismo, xunto con que o local debe estar situado próximo ás oficinas da dirección provincial para atender sen demora as peticións, se xustifica, logo da fiscalización da intervención delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer do local sito na rúa Eugenio Fadrique, nº 8 de Vigo con destino a albergar servicios da Dirección Provincial do Sergas en Vigo.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2000.

P.O. (Orde 21-4-1998)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde