Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso de determinación de tipo, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de material radiolóxico: película radiográfica e líquidos (S-346/2000).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 54 27 62, 15704 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración: en distintos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, distribuídos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse:

-CPV: 33111000.

-Subministración sucesiva de material radiolóxico: película radiográfica e líquidos.

-Orzamento total: contía indeterminada.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridos: pola totalidade ou por lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver punto 7 da cara (folla de especificacións) do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: no enderezo indicado no punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 14 de agosto de 2000.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 22 de agosto de 2000.

b) Dirección á que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no enderezo no punto 1.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte), a partir das 9.30 horas do sétimo día natural, contado a partir do seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Garantías esixidas: non se esixen garantías para a fase de concurso de determinación de tipo.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan:

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 14 da cara (follas de especificacións) do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver punto 10 da cara (follas de especificacións) do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Admisión de variantes: admítense variantes (ver prego de cláusulas administrativas particulares).

15. Información complementaria: no enderezo e servicio indicadas no punto 1.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 8 de abril de 2000.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 17 de xullo de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos