Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.651

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e a organización sindical CC.OO., representadas na Mesa Xeral de Negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión de Concesión das Axudas de Acción Social do ano 2000, e aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 13 de xullo de 2000, sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o ano 2000.

Visto o texto do acordo subscrito o 12 de xullo de 2000, polos representantes da Administración autonómica e a organización sindical CC.OO., representadas na Mesa Xeral de Negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión da Concesión de Axudas de Acción Social do ano 2000, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 8/1987, do 12 de xullo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 21-7-2000)

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO

Acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 2000

En Santiago de Compostela, doce de xullo de dous mil, os representantes da Administración autonómica e a organización sindical CC.OO. representadas na Mesa Xeral de Negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión da Concesión das Axudas de Acción Social do ano 2000, adoptan os seguintes acordos:

Criterios de reparto do fondo de accion social para o exercicio do ano 2000.

Normas xerais:

1. Ámbito persoal.

Primeira.-Poderá causar dereito ás distintas axudas que se recollen na presente resolución o seguinte

persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia:

a) O persoal funcionario de carreira, persoal interino, contratado administrativo, persoal laboral fixo e persoal laboral temporal incorporados á Xunta de Galicia con anterioridade ó 1-1-2001.

b) O persoal referido no parágrafo anterior debería estar en situación de activo na Administración da Xunta de Galicia no ano 2000, no prazo de presentación da solicitude.

Segunda.-Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste acordo:

O persoal ó servicio de entes autónomos que se rexan polos seus propios orzamentos e estatutos (universidades, TVG, Igape, Consello de Contas, etc.), o persoal estatutario do Sergas, así como o persoal procedente dos Centros Sanitarios Hospital Médico-Cirúrxico Provincial de Santiago, Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, Hospital Provincial Sta. Mª Nai de Ourense, Hospital Municipal Nicolás Peña de Vigo, Hospital Xeral Provincial de Pontevedra, Hospital Psiquiátrico Provincial O Rebullón de Pontevedra e Hospital Militar da Coruña e ademais todo o persoal que non estea organicamente integrado na Xunta de Galicia, e polo tanto non ocupe un posto incluído na relación de postos de traballo.

Terceira.-O persoal laboral non poderá solicita-las axudas previstas para diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais ó que lle será de aplicación o disposto no artigo 37 do III convenio único da Xunta de Galicia, agás os casos de suspensión temporal do contrato do persoal laboral fixo-descontinuo.

Cuarta.-Débense cumprir, ademais, os requisitos que se determinen nas normas específicas para cada modalidade de axuda.

2. Incompatibilidades.

a) As modalidades de axuda obxecto deste acordo son incompatibles coa percepción doutras de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou por outro organismo oficial, salvo que fosen de contía inferior; nese caso, se se acredita documentalmente a súa natureza e contía, poderá solicitarse a diferencia ata a cantidade que, en cada caso, corresponda.

En todo caso deberá presentarse certificación do importe anual percibido expedido polo organismo correspondente.

b) Queda exceptuada do punto a) a axuda a diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais.

3. Solicitudes e documentación.

a) Os interesados deben presenta-la solicitude conforme o modelo oficial establecido para cada axuda, debidamente cuberta e asinada.

b) Será causa de denegación toda solicitude que non veña certificada polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador:

-Servicios centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, das consellerías respectivas.

No referente ó persoal funcionario ou laboral do Sergas: subdirección xeral ou xefatura de servicio da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos que teña atribuídas funcións en materia de persoal.

-Servicios periféricos: secretarios xerais das delegacións territoriais, provinciais e comarcais, ou funcionarios que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, das consellerías respectivas.

Unicamente para estes efectos poderán certifica-los directores ou secretarios de centros de educación dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con respecto ó persoal con destino nos ditos centros.

No referente ó persoal funcionario ou laboral do Sergas que preste os seus servicios nas direccións provinciais do organismo ou nos distintos hospitais ou centros de atención primaria: o secretario da dirección provincial do organismo ou o secretario da delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dependendo do ámbito de dependencia funcional do interesado.

c) Naqueles supostos nos que dous suxeitos beneficiarios incluídos no ámbito de aplicación deste acordo teñan causa ou causantes comúns, soamente un deles poderá causar dereito.

d) Os solicitantes deben xuntar á petición os documentos que se esixen en cada unha das axudas e xustificar mediante certificación ou copia cotexada os feitos que se aleguen.

e) Carecerán de validez os documentos achegados con emendas ou riscaduras.

f) A comisión de reparto rexeitará toda axuda solicitada que non cumpra cos requisitos esixidos.

4. Falsidade nas solicitudes.

A ocultación de datos, a falsidade na documentación achegada ou a omisión da requirida, darán lugar á denegación da axuda solicitada ou perda da concedida, coa devolución, neste último caso, das cantidades indebidamente percibidas, con independencia das responsabilidades a que houbera lugar.

5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, delegacións provinciais das distintas consellerías

e nas oficinas de correos (selada e rexistrada cada solicitude pola oficina na que se efectúe a presentación) de acordo co establecido no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificado pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), dirixidas ó director xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, nº 1, Santiago de Compostela), desde o 1 de outubro de 2000 e ata o fin do prazo que para cada tipo de axuda se sinala no seguinte calendario:

AxudaFin do prazo

1. Xubilación------------

2. Diminuídos15 xaneiro 2001

3. Fillos menores15 xaneiro 2001

4. Estudios fillos15 xaneiro 2001

5. Estudios do traballador15 xaneiro 2001

6. Vivenda15 xaneiro 2001

Todo isto de acordo cos modelos anexos das solicitudes.

6. Distribución dos créditos.

1. En aplicación do orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2000, destínase na partida orzamentaria 04 09 121A 162.04 a cantidade de 716.838.000 pesetas (setecentos dezaseis millóns oitocentas trinta e oito mil pesetas) para as axudas do fondo de acción social que recolle este acordo segundo o seguinte reparto:

1. Xubilación14%100.357.320 ptas.

2. Diminuídos14%100.357.320 ptas.

3. Fillos menores28%200.714.640 ptas.

4. Est. fillos21%150.535.980 ptas.

5. Est. traballador4%28.673.520 ptas.

6. Vivenda19%136.199.220 ptas.

Total716.838.000 ptas.

2. Por proposta da mesa xeral de negociación ou comisión designada por ela, poderanse modifica-las contías asignadas a cada axuda nunha mesma porcentaxe, se á vista das solicitudes presentadas non se puideran respecta-los topes mínimos establecidos nas axudas que así o establezan.

Os remanentes que houbera en cada unha das prestacións ou axudas incrementarán o orzamento da axuda de fillos menores.

Procedemento.

1. Recibidas as solicitudes procederase ó estudio e cualificación destas polo Servicio de Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública que, unha vez ultimada a xestión, elevará proposta de concesión a favor dos que reúnan os requisitos desta resolución.

2. Mediante resolucións da Dirección Xeral da Función Pública, publicaranse listas provisionais de admitidos e excluídos contra os que os interesados poderán formula-las reclamacións que sexan procedentes, no prazo de dez días hábiles. Así mesmo, durante este prazo deberán emendarse, se é o caso,

os defectos causantes da exclusión provisional. Esgotado o prazo, elevaranse aquelas a definitivas coas modificacións a que houbera lugar.

A estimación ou desestimación da solicitude producirase coa publicación das listas de admitidos e excluídos con indicación neste último caso da/s causa/s de exclusión.

3. O aboamento das axudas concedidas efectuarase por transferencia bancaria ós beneficiarios.

4. O prazo máximo para resolve-las solicitudes especificadas nesta orde será de tres meses, contados a partir do día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Se no prazo establecido non se resolvera o expediente entenderase desestimada a solicitude.

Calquera interpretación, aclaración ou dúbida que xurda sobre as presentes bases será resolta pola comisión de reparto do fondo de acción social.

Normas específicas:

1) Axudas á xubilación.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia que se xubilara ou invalidara permanentemente no ano 2000 (desde 1-1-2000 ata 31-12-2000 ambos inclusive).

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirá certificación do persoal docente xubilado no ano 2000, así como dos importes percibidos ó amparo da disposición transitoria novena da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e orde autonómica do 28 de febreiro xa que son incompatibles con este fondo social.

A Dirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais remitirá certificación do persoal funcionario e laboral xubilado no ano 2000, agás o persoal recollido na norma xeral 1.- Ambito persoal-«segunda» do ámbito persoal que lles afecta e que non ten dereito ó fondo de acción social.

De acordo co punto 2 a) das normas xerais o persoal xubilado que teña a condición de mutualista sometido ó campo de aplicación de Muface ou de calquera outra mutualidade de aseguramento, deberá solicitar á dita mutualidade o «subsidio de xubilación» e presentar, se é o caso, certificación denegatoria da mutualidade de non ter dereito ó dito subsidio, ante esta dirección xeral e antes do 16-1-2001.

A mutualidade Muface remitirá, por petición da Dirección Xeral da Función Pública, certificación de tódolos seus mutualistas solicitantes do subsidio de xubilación durante o ano 2000, con indicación dos importes percibidos por cada solicitante ou motivos do rexeitamento.

O persoal xubilado no ano 2000 que posuíndo a condición de mutualista de Muface ou outra mutualidade de aseguramento, figurase nas listas de excluídos coa clave: «Falta importe percibido por Muface ou calquera outra mutualidade de aseguramento», quedarán excluídos do fondo de acción social, elevándose a correspondente proposta de aprobación da axuda, se é o caso, cando o xubilado presente certificación do importe percibido, aboándose, de existir diferencia, con cargo ó orzamento do fondo de acción social do ano 2001, se non fora posible facelo con cargo ó de 2000 por estar este xa executado.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo cos seguintes topes:

Tope mínimo 400.000 ptas.

Tope máximo 450.000 ptas.

O importe máximo desta axuda poderase minorar pola comisión de reparto sempre que o diñeiro orzado non chegue para atende-lo referido importe.

Esta axuda é prioritaria e polo orzamento xeral do fondo de acción social respectarase, en todo caso, o tope mínimo.

Documentación:

Non se precisa presentación de solicitudes.

A concesión será feita de oficio pola Administración.

2) Axudas para a atención a diminuídos.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia recollido no punto 1. Ámbito persoal, que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo as súas expensas, consorte, fillos e ascendentes de 1º grao por cosanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentencia xudicial firme; diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, recoñecidos como tales antes do 1-1-2001, polos organismos que a continuación se relacionan e que os ingresos do diminuído non superen o salario mínimo interprofesional de 969.556 pesetas correspondentes ó ano 1999:

-Área de Servicios Sociais da Consellería de Traballo e Servicios Sociais ou Sanidade e Servicios Sociais.

-Instituto Nacional de Servicios Sociais.

O persoal laboral, ó que lle é de aplicación o artigo 37 do III convenio colectivo, terá dereito a esta axuda unicamente cando o posto de traballo que ocupe teña o carácter de «descontinuo», que a solicite ó fondo de acción social e non perciba esta axuda pola súa consellería durante os meses de suspensión do contrato. Tendo neste caso dereito á contía que corresponda polo período de suspensión.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, cos seguintes topes:

Tope mínimo e máximo de 216.000 ptas por axuda, e diminuído.

No caso de que desde a data da cualificación da minusvalidez non teña o ano completo ratearase a contía da dita axuda.

Documentación:

Para os fillos causantes:

a) Solicitude normalizada por cada diminuído.

b) Copia cotexada da cualificación oficial de minusvalidez, expedido polos centros anteriormente sinalados. En caso de renovación, as dúas cualificacións.

c) Copia cotexada de tódalas follas do libro de familia onde figuren anotacións.

d) Copia cotexada do último recibo de salarios, canda a presentación da solicitude dentro do prazo establecido, do solicitante.

e) Se o diminuído ten idade laboral deberá presentar certificado de vida laboral desde o 1-1-1999 da Tesourería Territorial da Seguridade Social.

f) O persoal laboral que ocupe un posto de carácter descontinuo presentará certificado do habilitado da súa consellería relativo ós meses que non percibira esta axuda por suspensión do contrato durante o ano 2000.

Para os ascendentes, consortes ou tutelados por setencia xudicial firme:

a) Solicitude normalizada por cada diminuído.

b) Copia cotexada da cualificación oficial da minusvalidez, expedido polos centros anteriormente indicados.

c) Copia cotexada do DNI, do diminuído.

d) Copia cotexada do certificado de convivencia do concello e xustificación do parentesco co solicitante.

e) Copia cotexada da fe de vida do diminuído.

f) Copia cotexada do último recibo de salarios, canda a presentación da solicitude dentro do prazo establecido, do solicitante.

g) Vida laboral do diminuído da Tesourería Territorial da Seguridade Social desde o 1º de xaneiro de 1999, e xustificar, se é o caso, que os rendementos non superan o salario mínimo interprofesional anual.

h) Certificado negativo-positivo de pensións do Instituto Nacional da Seguridade Social.

i) Libro de familia do causante.

j) O persoal laboral que ocupe posto de carácter descontinuo enviará certificado do habilitado da súa

consellería dos meses que non percibirá esta axuda por suspensión do contrato durante o ano 2000.

3) Axudas por fillos menores.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia, recollido no punto 1.-Ámbito persoal, que teñan fillos nados no ano 2000 ou que non estean inscritos ou matriculados en estudios de primaria no curso escolar 2000/2001.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 cos seguintes topes:

Tope máximo 40.000 ptas.

Documentación:

Causantes aprobados no FAS do ano 1999:

Solicitude normalizada por cada fillo menor causante.

Outros causantes:

a) Solicitude normalizada por cada fillo menor causante.

b) Copia cotexada da totalidade das follas do libro de familia onde figuren anotacións.

4) Axuda para estudios por fillos.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia, recollido no punto 1.-Ámbito de persoal, que teña fillos ó seu cargo que cursen estudios de EXB, BUP, FP, universitarios e outros de carácter oficial segundo o Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, que dean lugar á obtención de títulos académicos oficiais formalizados pola Administración pública, todos eles durante o curso académico 2000/2001.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula do fillo causante subvencionada.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 entre tódolos solicitantes beneficiarios.

Tope máximo por solicitante beneficiario: 15.000 pesetas por axuda e fillo.

Se ó remate do prazo de presentación de solicitudes ou do prazo de reclamacións o solicitante non puidese por non estar aberto o prazo de inscrición presenta-lo documento de ter aboada a matrícula do curso 2000/2001 poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó fondo social do ano 2001.

Documentación:

Causantes aprobados no FAS do ano 1999:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso 2000/2001, debendo figura-lo importe pagado. Non se precisa en estudios obrigatorios.

c) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboada a matrícula do curso 2000/2001, despois do día seguinte ó prazo de reclamacións, antes do 30-9-2001 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó fondo de acción social do ano 2001.

Outros causantes ou procedentes de fillos menores:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso 2000/2001, debendo figura-lo importe pagado. Non se precisa en estudios obrigatorios.

c) Copia cotexada da totalidade das follas do libro de familia onde figuren anotacións.

d) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboada a matrícula do curso 2000/2001, despois do día seguinte ó prazo de reclamacións, antes do 30-9-2001 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó fondo de acción social do ano 2001.

5) Axuda estudios do traballador.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia recollido no punto 1.-Ámbito de persoal, que curse estudios de EXB, BUP, FP, universitarios e outros de carácter oficial segundo o Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro de 1985, que dean lugar á obtención de títulos académicos formalizados pola Administración pública todos eles durante o curso académico 2000/2001.

O persoal que teña a condición de mutualista de Muface quedará excluído coa clave «Falta importe percibido por Muface», ata que a dita mutualidade remita certificación dos seus mutualistas que obtiveran este tipo de axuda pola dita mutualidade.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.

Contido:

Reparto da contía sinalada no punto 6 entre tódolos solicitantes beneficiarios.

Tope máximo por solicitante beneficiario: 16.000 ptas.

Se ó remate do prazo de presentación de solicitudes ou do prazo de reclamacións o solicitante non puidese por non estar aberto o prazo de inscrición presenta-lo documento de ter aboado a matrícula do curso 2000/2001, poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó fondo social do ano 2001.

Documentación:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso académico 2000/2001, debendo figura-lo importe pagado.

c) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

d) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboada a matrícula do curso 2000/2001, despois do día seguinte ó prazo de reclamacións, antes do 30-9-2001 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó fondo de acción social do ano 2001.

6) Axuda por adquisición de vivenda.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia recollido no punto 1.-Ámbito persoal, que adquira individualmente ou en copropiedade a súa única vivenda no ano 2000 para a unidade familiar e por única vez. Quedan excluídos desta axuda os solicitantes que pertenzan a unha unidade familiar na que algún dos seus membros percibira esta axuda en anos anteriores. Non terán dereito a esta axuda o persoal interino docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o persoal interino posterior ó 31-5-1990 nin o persoal laboral temporal. Para efectos da axuda de vivenda a unidade familiar está constituída polos cónxuxes non separados legalmente, ou convivente, solteiro/a, viúvo/a, divorciado/a, separado/a legalmente, irmáns ou persoas que convivan co solicitante.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, ata un tope máximo de 400.000 pesetas por unidade familiar.

Documentación:

a) Solicitude normalizada por unidade familiar.

b) 1. Unidade familiar onde tódolos seus membros estean afiliados ó réxime de cotización da Seguridade Social: copia notarial cotexada da formalización de compra-venda ou obra nova escriturada ante notario no ano 2000.

2. Unidade familiar onde algún dos seus membros pertenza ó réxime de cotización de Muface, Mugeju, Isfas, etc.:

2.1. Compra de vivenda: copia cotexada da formalización da compra-venda escriturada ante notario no ano 2000.

2.2. Construcción propia de vivenda: certificado final de obra, espedido por facultativo competente, visado polo Colexio oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos e polo Colexio de Arquitectos no ano 2000.

c) Copia cotexada do DNI do solicitante e persoa que integre con el a unidade familiar.

d) Copia cotexada da cartilla de afiliación á Seguridade Social, Muface, Mugeju, Isfas, etc. do solicitante e da persoa que integre con el a unidade familiar.

e) Copia cotexada do certificado de retribucións anuais formalizado pola habilitación correspondente relativo ó ano 1999 do solicitante e, se é o caso, cónxuxe, fillos, etc. que integren con el a unidade familiar. No caso de que un deles non traballe e sexa maior de 18 anos, vida laboral da Tesourería Territorial da Seguridade Social desde el 1 de enero de 1999.

f) Certificado negativo de propiedades a nivel nacional emitido polo Rexistro da Propiedade do solicitante e, se é o caso, membros da unidade familiar que sexan maiores de 18 anos.

g) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

h) De acordo co punto 2 a) das normas xerais o persoal solicitante e/ou o que constitúa con el a unidade familiar, que teñan a condición de mutualistas sometidos ó campo de aplicación de Muface ou doutra mutualidade de aseguramento de funcionarios, deberán solicitar á dita mutualidade dentro do prazo establecido a «axuda por compra de vivenda ou obra nova» xa que é preceptiva a referida solicitude para poder acceder ó fondo de acción social, e deben presentar copia cotexada da solicitude da subvención a Muface ou outra mutualidade de aseguramento de funcionarios ou certificación acreditativa.

No suposto de que Muface ou calquera outra mutualidade de aseguramento rexeitase a axuda solicitada polo mutualista ou por quen con el constitúa a unidade familiar, por tela solicitado «noutro organismo oficial» deberá, o solicitante da axuda de vivenda a este fondo social da Xunta de Galicia, presenta-la copia da solicitude da axuda formulada a ese organismo oficial que provocou a denegación da mutualidade que corresponda.

Se da documentación presentada resultase que o solicitante da axuda de vivenda deste fondo social non percibiu a axuda de Muface ou doutra mutualidade de aseguramento por tela solicitado a «outro organismo oficial», sendo este o fondo social da Xunta de Galicia, tamén será excluído polo fondo social do persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

A mutualidade Muface remitirá, por petición da Dirección Xeral da Función Pública, certificación de tódolos seus mutualistas solicitantes da «Axuda por compra de vivenda ou obra nova» do ano 2000, con indicación dos importes percibidos ou causas de rexeitamento.

Os solicitantes da axuda de vivenda que figuren nas listas que publique a Dirección Xeral da Función Pública unicamente coa clave de exclusión «falta importe percibido por Muface, ou outra mutualidade

de aseguramento de funcionarios», deberán presentar antes do 30-9-2001, certificación do importe concedido, co fin de poder elevar proposta de aprobación, se é o caso , da axuda, con cargo ó orzamento do fondo de acción social do ano 2001, se non fora posible facelo con cargo ó de 2000 por estar este xa executado.

i) Son compatibles coas recollidas na orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 20 de marzo de 1992 (Diario Oficial de Galicia nº 65, do 3 de abril).

Pola Administración:

-Ramón del Valle López.

Presidente.

-Ascensión Labella Lozano.

Secretaria.

-Rafael López Aguilera.-Generosa Yáñez Salgado.

Pola Dirección Xeral da Función Pública.

-Carmen Orgeira Naya.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Agustín Cariñena Aliaga.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Alejandro Fernández Rodríguez.

Consellería de Economía e Facenda.

-Josefa Gancedo Cons.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Eduardo Suárez Campo.

Consellería de Industria e Comercio.

-Ángeles Carballo Martínez.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Ángela Godoy Trillo.

Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Mª del Socorro Fernández Sanmamed Lestón.

Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

-Manuela Guillán de Dios.

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

-José F. Sánchez-Brunete Varela.

Consellería de Medio Ambiente.

-Luisa Fernanda Mediero Lago.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Miguel A. Ares Casal.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Polas organizacións sindicais:

CC.OO.:

-Ana Landrove Becerra.