Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.662

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 30 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 112, do 9 de xuño), correspondentes á categoría 8 (peón/a agrario/a especializado/a) (lista B) do grupo V.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 18 de xullo de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por José Mª Freire González, contra a Resolución do 30 de maio de 2000 (DOG nº 112, do 9 de xuño), pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 8 (peón/a agrario/a especializado/a) (lista B) do grupo V.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede darlle a debida publicidade ás modificacións provocadas por esta, nas listas publicadas por Resolución do 30 de maio de 2000 (DOG nº 112, do 9 de xuño), no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 8 (peón/a agrario/a especializado/a) (lista B) do grupo V, cos datos seguintes:

José Mª Freire González, DNI: 79.325.616, lista B, puntuación: 0,250 puntos.

-No posto número 22 para o ámbito D1500.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contensioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública