Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.662

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativa á categoría 3 do grupo IV (auxiliar de clínica e outros) (lista B) publicada por Resolución do 29 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 8 de marzo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 3 del grupo IV (auxiliar de clínica e outros) (lista B) publicados na Resolución do 29 de febreiro de 2000 (DOG nº 47 do 8 de marzo), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105-2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicadas no sentido de:

-Incluír a Dolores Vázquez Rodríguez con DNI nº 34.576.490 no ámbito xeográfico X3201 no número de orde 54, no ámbito xeográfico X3203 no número de orde 39, no ámbito xeográfico X3204 no número de orde 65, no ámbito xeográfico X3205 no número de orde 46 e no ámbito xeográfico X3206 no número de orde 118 en todos eles cunha puntuación de 1,450 puntos.

-En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública