Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.662

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 5 (oficial 2ª de cociña e outros) (lista A2) do grupo IV, de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999.

Finalizado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 129, do 7 de xullo), de presentación de solicitudes para a cobertura das listas con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, e á vista da solititude presentada para a categoría 5 (oficial 2ª

de cociña e outros) do grupo IV (lista A2), a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a lista definitiva para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a peroal laboral correspondente á categoría 5 (oficial 2ª de cociña e outros) do grupo IV (lista A2), da forma que a continuación se indica:

Mª Rocío Nieto Guerrero, DNI: 34.948.423, nos ámbitos X3201, X3205 e X3206 co número de posto 1 en todos eles (lista A2), con 16,030 puntos.

Segundo.-A lista da categoría 5 (oficial 2ª de cociña e outros) do grupo IV (lista A2) producirá efectos a partir da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública