Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.663

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ás categorías 023 (celador/a do corpo de legoeiros), 026 (axudante técnico/a de laboratorio), 033 (encargado/a supervisor de telefónica), 037 (técnico de son), 039 (rexedor/a de escena), 049 (axente auxiliar da inspección de transportes), 060 (auxiliar técnico/a de obras e outros), 064 (oficial 1ª tractorista e outros), 066 (axudante de taller) e 069 (oficial de servicios técnicos e outros), do grupo III (lista B), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo).

Publicadas as resolucións da Dirección Xeral da Función Pública polas que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral

reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ás categorías 023 (celador/a do corpo de legoeiros), 026 (axudante técnico/a de laboratorio), 033 (encargado/a supervisor de telefónica), 037 (técnico de son), 039 (rexedor/a de escena), 049 (axente auxiliar da inspección de transportes), 060 (auxiliar técnico/a de obra e outros), 064 (oficial 1ª tractorista e outros), 066 (axudante de taller), 069 (oficial servicios técnicos e outros), do grupo III (lista B), e unha vez finalizados os prazos previstos nestes e elaboradas as listas definitivas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, na sesión que tivo lugar o día 10 de xullo de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral das categorías citadas con anterioridade, da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición das listas das categorías citadas anteriormente, quedarán sen efecto as listas das ditas categorías elaboradas con anterioridade á Resolución do 30 de xuño da Dirección Xeral da Función Pública, tal e como se establece na base 6ª desta.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública