Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO das bases específicas da convocatoria dunha praza de auxiliar de servicios sociais.

I. Número e características das prazas convocadas.

Convócanse probas selectivas para cubrir unha praza de auxiliar de servicios sociais, vacante no cadro de persoal laboral fixo, segundo as previsións destas bases e das xerais aprobadas polo Pleno do Concello o 26 de xaneiro de 1996 (BOP nº 67, do 3 de abril).

Nivel de titulación esixido: os aspirantes deberán estar en posesión de título de graduado escolar ou equivalente.

A duración do período de proba será de quince días.

II. Sistema selectivo.

Será o de concurso-oposición libre.

III. Prazo de presentación de solicitudes.

As instancias polas que se solicita tomar parte no proceso selectivo presentaranse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. O resto dos anuncios relacionados co proceso selectivo: lista de admitidos e excluídos e nomeamento do tribunal cualificador, así como as puntuacións da fase de concurso e oposición serán realizadas no taboleiro de anuncios da casa do concello.

IV. Fase de concurso.

Valoraranse os méritos que figuran no anexo II.

V. Fase de oposición.

A oposición constará dun exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio que consistirá en contestar por escrito, no prazo máximo de 90 minutos, dous temas extraídos ó chou de entre os que figuran no programa que se inclúe no anexo I, un da parte xeral e outro da parte específica.

VI. Sistema de cualificación.

O exercicio da oposición valoraranse ata un máximo de 10 puntos por cada membro do tribunal, sendo a puntuación do exercicio a media entre as puntuacións de cada membro. Esta puntuación deberá ser como mínimo de 5 puntos para supera-lo exercicio.

A puntuación final será a suma da puntuación obtida na fase de concurso coa da fase de oposición.

Nigrán, 27 de xuño de 2000.

José María Rial Cadaval

Alcalde

ANEXO I

Programa

Parte xeral.

1. A Constitución española de 1978: principios xerais.

2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O Valedor do Pobo.

3. A Coroa. O poder lexislativo. O poder xudicial.

4. As comunidades autónomas. Competencias. Os estatutos de autonomía. O Estatuto de autonomía de Galicia.

5. O procedemento administrativo. Concepto. Fases.

6. A administración local. Concepo. Entidades que comprende. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

7. O municipio. Organización municipal. Competencias. O alcalde. O Pleno do Concello. A Comisión de Goberno.

8. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

9. Os funcionarios públicos locais. Clases. Dereitos, deberes e incompatibilidades. Réxime disciplinario.

10. Atención ó público. Información ó administrado. Os servicios de información administrativa.

Parte específica.

11. Renda de integración social de Galicia. Requisitos. Documentación. Trámite nos concellos.

12. Pensións non contributivas da Seguridade Social: concepto e requisitos.

13. Plan concertado. Obxectivos e prestacións básicas.

14. Soportes documentais dun departamento municipal de servicios sociais.

15. Estructuración dos servicios sociais municipais en función da poboación do municipio.

16. Áreas de actuación e equipamentos dos servicios sociais.

17. Programas de interese para os servicios sociais de atención primaria.

18. A realidade social do Concello de Nigrán.

19. Servicio de axuda a domicilio.

20. Servicios sociais institucionalizados para a terceira idade.

ANEXO II

Baremo de méritos para a fase de concurso

A) Experiencia profesional: ata un máximo de 5 puntos.

-Servicios prestados no Concello de Nigrán na mesma categoría: 0,15 puntos/mes.

-Servicios prestados noutras administracións na mesma categoría: 0,10 puntos/mes.

-Servicios prestados en empresas privadas na mesma categoría: 0,05 puntos/mes.

B) Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas administracións públicas, universidades ou Inem e relacionado coas funcións propias da categoría: 0,20 puntos/curso. Máximo 1 punto.

C) Formación académica distinta á requirida para participar no proceso selectivo.

-Grao de licenciado: 2 puntos.

-Diplomatura universitaria: 0,5 puntos.

-Bacharel superior ou equivalente: 0,5 puntos.

D) Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado):

-En grao de iniciación: 0,50 puntos.

-En grado de perfeccionamento: 0,75 puntos.

Só se concederá validez, polo que a acreditación do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Eduación e Ordenación Universitaria.

E) En caso de situación actual de desemprego, por cada mes de antigüidade acreditado (máximo 1 punto): 0,01 puntos.