Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO de licitación.

A Corporación en Pleno, na sesión ordinaria do día 12 de xullo deste no, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto, sistema de concurso e tramitación urxente, das obras dun edificio multiusos, na avda. da Terra Chá da vila de Castro de Ribeiras de Lea.

O citado prego estará exposto ó público durante oito días, contados desde a inserción deste anuncio no BOP de Lugo, para os efectos de que poidan ser examinados nas oficinas municipais e se é o caso, presenta-las reclamacións que se consideren pertinentes.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do devandito contrato de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas ata a súa resolución.

Obxecto do contrato: construcción dun edificio multiusos para centro sociocultural, de xuventude e da terceira idade.

Lugar de execución: avda. da Terra Chá, na vila de Castro de Ribeiras de Lea, Concello de Castro de Rei (Lugo).

Prazo de execución: 36 meses.

Orzamento de licitación: 158.964.880 pesetas, IVE incluído.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Clasificación esixida: grupo c, subgrupos, 2 ó 9, categoría, c).

Garantías: provisional para licitar: 2% do tipo. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas particulares facilitaranse nas oficinas do Concello de Castro de Rei, na vila de Castro de Rei, praza maior, c.p 27250-Lugo. Teléfono: 982 31 40 34 e 982 31 41 32.

Presentación de proposicións: trece días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG.

Castro de Rei, 20 de xullo de 2000.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde