Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.532.372 e seis máis).

A) Obra.

1. Saneamento e abastecemento en Verín-segunda fase (Verín-Ourense).

Clave: OH.532.372.

Orzamento: douscentos noventa e seis millóns cincocentas mil pesetas (296.500.000 ptas., equivalente a 1.782.000,889 euros).

Prazo de execución: 34 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Captación, bombeo e depósito no Mesón do Vento (Ordes-A Coruña).

Clave: OH.215.469.

Orzamento: setenta e cinco millóns oitocentas sesenta e catro mil trescentas oitenta e sete pesetas (75.864.387 ptas., equivalente a 455.954,149 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Terminación saneamento e abastecemento en Loureiro (Amoeiro-Ourense).

Clave: OH.532.368.

Orzamento: vinteún millóns oitocentas mil pesetas (21.800.000 ptas., equivalente a 131.020,639 euros).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Saneamento de núcleos no concello da Peroxa. (A Peroxa-Ourense).

Clave: OH.332.371.

Orzamento: setenta e catro millóns cincocentas setenta e cinco mil trescentas noventa e tres pesetas (74.575.393 ptas., equivalente a 448.207,139 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Estación de filtrado de augas en depósito de regulación (O Barco de Valdeorras-Ourense).

Clave: OH.232.373.

Orzamento: corenta e seis millóns unha mil novecentas vintecinco pesetas (46.001.925 ptas., equivalente a 276.477,137 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Saneamento da parroquia de Baredo (Baiona-Pontevedra).

Clave: OH.336.449.

Orzamento: sesenta e seis millóns cento corenta e nove mil catrocentas vinteseis pesetas (66.149.426 ptas., equivalente a 397.566,057 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

7. Abastecemento de auga á Couboeira e Oirán-terceira separata (Mondoñedo-Lugo).

Clave: OH.227.310.

Orzamento: trinta e nove millóns trescentas vinte mil pesetas (39.320.000 ptas., equivalente a 236.317,959 euros).

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra A) anterior, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras sinaladas nese epígrafe.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día trinta e un (31) de agosto de 2000.

F) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras sinaladas na letra A) deste anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1.1. do dito prego).

G) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día trece (13) de setembro de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

H) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia