Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2000 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugamento de dous locais, sitos na rúa Urzáiz número 18, 2ª e 3ª planta, de Vigo, para a instalación das dependencias administrativas da Demarcación Territorial Galicia Sur deste organismo autónomo.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e no artigo 55.2º do seu regulamento de execución, e á vista das facultades conferidas polos artigos 8 e 11 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que, debido á urxencia manifesta de contar cuns locais contiguos, céntricos, situados preto dos garaxes e do arquivo documental da Demarcación Galicia Sur deste organismo autónomo e cunha superficie ampla e axeitada ás necesidades existentes, co obxecto de instala-las dependencias administrativas do servicio territorial da citada demarcación, xustifícase, logo de fiscalización da Intervención Delegada de Augas de Galicia, a utilización do procedemento de contratación directa do alugamento de dous locais sitos na rúa Urzáiz, nº 18, 2ª e 3ª planta, respectivamente, de Vigo.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia