Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dunha proposta de resolución dun expediente sancionador en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada no expediente sancionador C-9/00 por infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, por non ser posible a súa notificación a Francisco Caldelas Vidal no establecemento de referencia nin no último domicilio coñecido (Lugar Herbón, 15900 Padrón).

O interesado dispón dun prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes ante a instructora do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 34/1987, da potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

A Coruña, 17 de xullo de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Número expte.: C-9/2000.

Denunciado: Francisco Caldelas Vidal.

DNI/CIF: 44.812.148-Y.

Establecemento: M-3.

Enderezo: Lugar Herbón, 15900-Padrón.

Precepto infrinxido: 29 i) Lei 14/1985.

Precepto sancionador: 31.2º e 32 Lei 14/1985.

Sanción: 100.001 ptas.