Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (397/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, do día 13 de xaneiro de 2000, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do SU-15 subpolígono 3C do PXOU de Ourense, por instancia de José Luis Sierra Rodríguez en representaciónde Seariña, S.L.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do SU-15 subpolígono 3C por instancia de José Luis Sierra Rodríguez, en representación de Seariña S.L. logo de constitución da garantía polo importe de 7.531.237 pesetas (sete millóns cincocentas trinta e unha mil duascentas trinta e sete pesetas), co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 19 de xaneiro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente