Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan especial do porto de Vigo (expediente 5959/411).

O Concello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do 6 de xullo de 2000, adopou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro: aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan especial do porto de Vigo (expediente 5959/411), segundo a documentación presentada pola autoridade portuaria, e redactada e asinada polo enxeñeiro director do porto de Vigo, Luis Lara Rubido, e polo xefe do Departamento Técnico de Planificación e Infraestructuras, Joaquín Colunga Pérez.

Segundo: proceder ó trámite de información pública do expediente, polo prazo dun mes, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, e nu xornal dos de maior tirada na provincia, conforme o establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O prazo de información pública entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o mes contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación.

O expediente está ó dispor do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 26 de xullo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo