Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV San Cibrao-O Carballiño, nos termos municipais de San Cibrao das Viñas, Ourense, Barbadás, Amoeiro, Puxín, Maside e O Carballiño. (Expediente IN408A 96/7-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificación na avda. de Arteixo 171; 15007 A Coruña, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 11 de setembro de 1998, a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Con data do 7 de decembro de 1999 solicita a autorización de variantes, que modifican a traza en tres puntos, variantes xustificadas polas prohibicións que ó paso de liñas eléctricas existían na traza inicial, presentando un anexo ó proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados por aquelas e a relación de predios desafectados.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Liña de alta tensión (LAT) aérea, a 132 kV de 27.435 m, en conductor LA-180, con orixe no apoio nº 1 da subestación de San Cibrao das Viñas e final no apoio nº 149 situara na subestación do Carballiño, no polígono industrial de Uceira. En circuíto simple ata o apoio 148 de derivación á futura subestación de San Ourense e circuíto dobre entre os apoios 148 e 149, tramo este último de 100 m, e cable de fibra óptica.

A potencia de transporte será de 76.271 kW, cosu=0,8.

Orzamento: 197.889.070 ptas.

Segundo.-A delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 29 de outubro de 1998, publicada no DOG do 24 de decembro, BOP de Ourense do 21 de decembro e o diario La Región de Ourense do 26 de novembro.

As variantes (anexo ó proxecto), xunto coa relación de bens e dereitos afectados por aquelas, así como

a relación de predios desafectados, tamén foron sometidos a información pública por Resolución do 13 de decembro de 1999, publicada no DOG do 5 de xaneiro de 2000, BOP de Ourense do 14 de xaneiro de 2000 e o diario La Región de Ourense do 5 de xaneiro de 2000.

Ámbolos dous anuncios estiveron expostos nos taboleiros de anuncios dos concellos de San Cibrao das Viñas, Ourense, Barbadás, Amoeiro, Puxín, Maside e O Carballiño; así mesmo a delegación provincial notificou individualmente a mencionada solicitude a cada un dos interesados que figuran na dita relación, no caso de titulares descoñecidos ou de enderezo ignorado, deu traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período no que se someteu a trámite de información pública, formuláronse as seguintes alegacións:

Concello de San Cibrao das Viñas:

1. Monserrat Menor Blanco (predio nº 95). Non está de acordo coa cualificación, como monte, do predio; presenta tamén dúas alternativas ó trazado, e de non ser admitidas, se coloque o apoio na marxe co camiño existente.

2. Víctor Carlos Fernández Ramos, María Paz Fernández Villoslada e Carlos Fernández Villoslada (predio nº 96). Manifestan que existe erro na titularidade do prezo e na denominación do lugar e solicitan máis datos para identifica-la traza da liña eléctrica.

3. Alberto Iglesias Díaz (predio nº 102) e Xosé Novoa Ansias (predio nº 103). Presentan alegacións relativas a erro na denominación do lugar e ó tipo de cultivo.

Concello de Ourense:

4. Manuel Suárez Doniz (predios nº 2, 4, 6, 10, 11 e 12). Manifestan que existe erro na titularidade dos predios, e reclaman a titularidade dos predios que aparecen como de titular descoñecido, números: 7, 8, 8/1 e 13. Presentan unha proposta alternativa entre os apoios nº 11 e 15.

5. Antonia Novoa Fernández (predio nº 3). Solicitou a expropiación total do predio (solicitude denegada por resolución Delegación Provincial de Ourense do 6-5-1999 e confirmada por outra da Consellería de Industria e Comercio do 30-3-2000, órgano ó cal recorreu a afectada en alzada). Propón variante seguindo os lindeiros.

6. Camilo González Salgado (predio nº 22). Presenta a mesma alternativa proposta por Manuel Suárez Doniz e outras alegacións de tipo ambiental.

7. Luis Santás González (predios nº 50, 73 e 74). Alega sobre a localización antirregulamentaria do apoio nº 20 e solicita a expropiación total dos predios indicados.

Concello de Barbadás:

8. Josefa Guede Fernández (predios nº 8, 9, 51/1, 67 e 71) e Xosé Ramón Freire Cid (predios nº 22 e 23A). Non están de acordo coa cualificación das parcelas como monte, cando en realidade manifestan que son soares con posibilidade de edificar en terreos de 2.000 m.

9. Xosé M. Camba Pardo (predio nº 24). Solicita que os cables pasen pola marxe do seu predio.

Concello de Amoeiro:

10. Arturo Dopazo Novoa (predio nº 37, 64 e 76). Manifestan que non son correctas as afeccións sinaladas para os seus dous predios e que ten licencia municipal para a construcción de vivenda unifamiliar no predio nº 76.

Concello de Maside:

11. Gerardo González Carballal (predio nº 46). Indica que existen erros na denominación do lugar e no tipo de cultivo.

12. Javier Perea Rodríguez (predio nº 244). Móstrase en contra da utilidade pública da instalación, da que tamén di que non hai informe ambiental, e que incumpre o artigo 57.b) da Lei do sector eléctrico, polo que solicita unha variante sen determina-la traza concreta dela.

13. Elisa Fernández Pousa Suárez (predio nº 275-2). Manifesta que non é a propieatria deste predio.

Concello do Carballiño:

14. Xestur Ourense (predio nº 1). Remite escrito coa cuantificación económica da servidume de paso.

15. Olga Pérez González (predio nº 3). Solicita, baseándose na lexislación existente, o cambio de trazado que debería pasar polas propiedades públicas achegadas ó monte da súa titularidade.

16. Regina Pérez González (predio nº 4). Alega perdas económicas, contaminación radioeléctrica e solicita cambio de trazado.

17. Xosé Valeiras Sobrino (predio nº 5). Non está de acordo coa cualificación do predio como monte xa que sería solo urbanizable industrial, e solicita a expropiación total, facendo referencia a cuestións económicas.

Alegacións ó anexo:

18. Manuel Suárez Doniz (predio nº 11-Ourense). Solicita de novo a variación do trazado e outras alegacións de tipo ambiental.

19. Andrés Garriga González (predio nº 105-Ourense). Propón unha variante seguindo os lindeiros do seu predio, expresando ademais que no Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense están prohibidas as liñas aéreas de alta tensión.

20. Aquilino Cougil Penedo (predio nº 49-Barbadás). Manifesta que ten máis superficie afectada cá que figura na relación de afectados. Propón variantes ó trazado.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación, facilitando esta as informacións adicionais.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola delegación provincial de Ourense, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as prohibicións nin limitacións previstas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e nos artigos 25 y 26 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999 do 21 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, de 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a elas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non seren obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de xusto prezo.

2. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados, estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación incluíndose na correspondente folla de aprecio.

3. En relación ós cambios de titularidade nas parcelas, a empresa beneficiaria tomará razón delas e procederase á tramitación dos expedientes cos ale

gantes. Non obstante, durante a fase de levantamento de actas previas á ocupación, á que serán convenientemente notificados, deberán presenta-la documentación acreditativa da dita titularidade.

4. Non se poden admiti-las variantes ó trazado presentadas por Monserrat Menor Blanco (predio nº 95), xa que non se dan conxuntamente os supostos ós que fai referencia o artigo 26.1º do Decreto 2619/1966, ó superar en máis dun 10% o tramo da liña afectada dentro da citada parcela, achegándose de maneira antirregulamentaria á vivenda sita no entroncamento da estrada de Reboredo. O apoio ó que fai mención a alegante xa figura, na traza proxectada, na marxe da súa propiedade co camiño existente.

5. Non se pode admiti-la alternativa proposta por Manuel Suárez Doniz (predios nº 2, 4, 6, 10, 11 e 12) entre os apoios nº 11 e 15, por non dárense conxuntamente os requisitos que establece o artigo 26.1º do Decreto 2619/1966 ó ser superior en lonxitude ó 10% da liña afectada que transcorre sobre a propiedade do solicitante; a variante suporía ademais afectar a novos propietarios non incluídos no presente expediente, variando tamén as afeccións doutras predios, algún con acordo mutuo. Con respecto á variación que solicita nas alegacións ó anexo ó proxecto, non se poden aceptar polas mesmas razóns, e no relativo ás alegacións de tipo ambiental, non é necesario para este tipo de instalacións tramitación ambiental polo disposto na disposición adicional décimo primeira da Lei 54/1997, do sector eléctrico.

6. Con respecto á solicitude de Antonia Novoa Fernández (predio nº 3) de expropiación total do predio, foi denegada por resolución da Delegación Provincial de Ourense do 6-5-1999 e confirmada por outra da Consellería de Industria e Comercio do 30-3-2000, órgano ó cal acudiu a afectada en alzada. Non se pode admiti-la variante proposta seguindo os lindes, xa que incumpre o contido do artigo 26.1º do Decreto 2619/1966, ó superar en máis dun 10% o trazado previsto, modificando afeccións doutros predios do expediente e afectando a novos propietarios non incluídos naquel.

7. A alternativa proposta por Camilo González Salgado (predio nº 22) é a mesma cá presentada por Manuel Suárez Doniz, e non se pode admitir polos mesmos motivos. No relativo ás alegacións de tipo ambiental, non é necesario para este tipo de instalacións tramitación ambiental, polo disposto na disposición adicional décima segunda da Lei 54/1997, do sector eléctrico.

8. Con respecto ás alegacións de Luis Santás González (predios nº 50, 73 e 74), a posición do apoio nº 20 cumpre co disposto no artigo 34.3º do Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, e diso teñen coñecemento ademais os organismos afectados mediante o trámite de requirimento de condicionados. En canto á solicitude de expropiación total dos predios indicados, esta non sería factible, xa que o establece

mento da liña aérea non altera as condicións fundamentais dos predios, nin se xustifican adecuadamente a falta de rendibilidade na súa explotación, e a imposición de servidume de paso non impide ó dono daquelas plantar ou edificar deixando a salvo a dita servidume (artigo 27 do Decreto 2619/1966), xa que o predio segue sendo da súa propiedade e constitúe unha unidade única.

9. Non se pode admiti-la solicitude de Xosé M. Camba Pardo (predio nº 24), ó non dárense conxuntamente os requisitos que sinala o artigo 26.1º o Decreto 2619/1966, afectar a novos propietarios non incluídos no presente expediente, e variando ademais a afección doutros predios nas que xa existe acordo mutuo.

10. Con respecto ás alegacións presentadas por Arturo Dopazo Novoa (predios nº 37, 64 e 76), indicar que as afeccións serán comprobadas no momento de levantamento de actas e que a instalación da liña eléctrica non lle impide ó dono do predio cercala, plantar ou edificar nela, deixando a salvo a dita servidume (artigo 27 do Decreto 2619/1966 e artigo 58 da Lei do sector eléctrico).

11. Con respecto ás alegacións presentadas por Javier Perea Rodríguez (predio nº 244) cabe dicir que a mencionada liña eléctrica ten por obxecto mellorar e garanti-la calidade e seguridade de abastecemento de enerxía entre as poboacións de San Cibrao e O Carballiño, así como as zonas de influencia do dito tendido, polo que se declara de utilidade pública de acordo co artigo 52 da Lei 54/1997, do sector eléctrico. Non existe lexislación vixente que obrigue á presentación dun estudio de impacto ambiental, xa que a tensión da liña é inferior a 220 kV (disposición adicional décimo segunda da Lei 54/1997, do sector eléctrico). O alegante non presenta un trazado alternativo.

12. Non se pode acepta-la alegación presentada por Olga Pérez Fernández (predio nº 3), xa que o trazado cumpre co indicado polo artigo 26.1º letra a) xa que discorre próximo ós lindeiros dos predios nº 1, 2, 3, 4 e 5 e nas dúas últimas o trazado axústase ó camiño de acceso existente. Por outra parte, a instalación cumpre co sinalado polo artigo 35.2º do Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión e posúe licencia municipal de obras dentro dese concello.

13. En relación ás alegacións presentadas por Regina Pérez González (predio nº 4), indicar que o trazado proxectado vai seguindo os lindeiros dos predios en aras de causa-lo menor dano posible ós afectados, e que non se pode acepta-lo cambio de trazado proposto pola alegante xa que afectaría a novos propietarios non incluídos no presente expediente, e deixaría fóra daquel a outros cos que xa existe acordo mutuo. No que respecta á alegación relativa á contaminación radioeléctrica, dicir que o proxecto está redactado conforme o sinalado polos regulamentos que lle son de aplicación, sen que exis

ta lexislación en vigor por aqueles motivos para este tipo de instalacións.

14. Non é admisible a variante proposta por Urbano Garriga González (predio nº 105) ó non dárense conxuntamente os requisitos que establece o artigo 26.1º do Decreto 2619/1966, e supera-lo seu orzamento o sinalado regulamentariamente no artigo 26.2º. Polo que respecta ó trazado de liñas aéreas, a zona onde se sitúa o predio non está dentro do núcleo urbano polo que non hai impedimento para o trazado deste tipo de instalacións.

15. Non se poden acepta-las variantes propostas por Aquilino Cougil Penedo (predio nº 49) por superar en lonxitude ó 10% da parte da liña afectada (artigo 26.1º do Decreto 2619/1966).

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966.

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV San Cibrao-O Carballiño, nos termos municipais de San Cibrao das Viñas, Ourense, Barbadás, Amoeiro, Puxín, Maside e O Carballiño (Ourense).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Terceiro.-Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria