Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Eganet-Empresas Galegas Adicadas a Internet.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Eganet-Empresas Galegas Adicadas a Internet que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan maioritariamente a súa actividade económica a través da rede Internet.

Asinan a acta de constitución: Ángel González Rodríguez, en representación da sociedade Altaweb Internet, S.L., e sete persoas máis representando a outras sociedades.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais