Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/70-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: U. Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Diez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Taboazas, 1ª F.

Situación: Chandrexa de Queixa.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, enconductor LA-56, de 1.742 m de lonxitude, derivada desde o apoio nº 44 da L.M.T. ó C.T. de Bozqueimado e remata no C.T. de Taboazas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense