Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/13-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocu

pación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Fraga-Seoane II.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 223 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 17 da L.M.T. ó C.T. embalse Zamáns ata o C.T. que se proxecta en Fraga-Seoane II, concello de Vigo. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados, presenta alegacións a propietaria do predio n. 13, poñendo de manifiesto que o predio é lindante co predio urbano da súa filla, á que quere deixarllo en herdanza para aumenta-la súa extensión, e que de ser obrigado o paso da liña que o trazado siga á marxe leste, co que causaría o menor dano posible. Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta contesta que a servidume de paso da liña eléctrica non lle impide ó seu dono cercalo, plantar ou edificar nel deixando a salvo a dita servidume, e que a liña pasa pola esquina noreste de predio. Enviada copia do escrito á propietaria, esta non contesta no prazo establecido para iso.

Considerando que con data do 5-2-1999, esta delegación solicitou xustificación do ángulo que a liña facía no poste n. 2 e que Unión Fenosa con data 24-5-1999 indica que esta obra corresponde a unha parte tramitada no seu día co número de expediente A.T. 96/357 e que debido á construcción da autopista Val Miñor tivo que reducirse, mantendo na parte que se vai a realizar o trazado xa autorizado no seu día.

Considerando que en principio é xustificado o mantenemento da traza e que a afección ó predio n. 13 propiedade da reclamante no impide o aproveitamento del nin a súa posible construcción mantendo as distancias mínimas esixidas e que así mesmo non contestou a nosa comunicación.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966 do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos

condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que estime pertinente no seu dereito.

Pontevedra, 9 de xuño de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra