Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 02 de agosto de 2000 Páx. 11.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000, da Delegación Provincial Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, das obras de ampliación e reformas no IES Carlos Oroza de Pontevedra e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

A) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

B) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: reformas varias e adaptación no IES Carlos Oroza de Pontevedra.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento da obra: 50.568.999. ptas. IVE incluído. (303.926 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe .

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: grupo C, categoría E.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.2. a) Descrición do obxecto: redistribución de aulas no IES Francisco Sánchez de Tui.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 36.732.334. ptas. IVE incluído. ( 220.766 euros ).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría E.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.3. a) Descrición do obxecto: desmonte, ampliación de aulas, pórtico e varios no IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 47.582.907 ptas. IVE engadido (285.979 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: grupo C, categoría E.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da

Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral A, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias B, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica C, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9 horas do quinto día natural seguinte o do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono: 986 80 59 06.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 27 de xullo de 2000.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial de Pontevedra