Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.252

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2000 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 828/1994, do 24 de novembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0004090/1992, interposto por José García García e outros, contra a orde do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, do 27 de decembro de 1990, e contra a desestimación presunta por silencio administrativo do recurso de reposición formulado contra a mencionada resolución, sobre aprobación definitiva do proxecto de revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación urbana de Lugo; dictouse a sentencia 828/1994, do 24 de novembro, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia 828/1994, do 24 de novembro, que a seguir se transcribe:

«Decidimos: que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por José García García e demais citados no encabezamento desta sentencia contra a orde do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, do 27-12-1990, de aprobación definitiva do proxecto de revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación urbana de Lugo, e contra a desestimación presunta por silencio administrativo do recurso de reposición formulado contra a mencionada resolución e, en consecuencia, debemos anular e anulámo-lo acordo impugnado no extremo relativo á clasificación como SUNP dos terreos da parte actora colindantes co tramo da Ronda do Carme comprendido entre o cruzamento da segunda ronda coa antiga estrada de Ombreiro, actualmente praza do Exército Español, e a rúa ou estrada vella de Santiago de Compostela, e dispoñemos que os ditos terreos deben ser clasificados como solo urbano».

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda