Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.251

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de xullo de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, referente ó persoal da Lei 4/1988, do 26 de maio.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la relación de postos de traballo da devandita consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de xullo de dous mil, adoptou o seguinte acordo:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, referente ó persoal da Lei 4/1988, do 26 de maio, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como posto de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, o seguinte:

Código: SA.C99.10.000.27001.206.

Denominación: servicio de apoio e seguimento.

Motivación: posto de confianza e especial responsabilidade en atención ás funcións de apoio e cobertura das ausencias dos xefes de servicio da delegación e dos directores dos centros sociais e residencias da terceira idade, que tamén teñen o mesmo sistema de provisión.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de xullo de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, referente ó persoal da Lei 4/1988, do 26 de maio, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

Na relación de postos de traballo dos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais publicada no DOG nº 40, do 28 de febreiro de 2000 e nas páxinas que se especifican a continuación, prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario.

Creacións:

-Na páxina 2.571, no centro de destino DELEGACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, engádese o seguinte posto de traballo:

Código do posto: SA.C99.10.000.27001.206.

Denominación: SERVICIO DE APOIO E SEGUIMENTO.

Vacante: SI.

Nivel: 26.

Complemento específico: 1.390.188.

Tipo posto: S.

Forma provisión: LD.

Grupo: AB.

Corpo/escala: XERAL.

Amortizacións:

-Na páxina 2.568, no centro de destino DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA, suprímese o posto de traballo SA.C99.10.000.15001.276.- POSTO BASE GRUPO B.

Persoal laboral.

-Na páxina 2.581, no centro de destino FOGAR 3ª IDADE (A CORUÑA), suprímese o posto de traballo SA.C99.40.302.15001.019.- LIMPADOR/A.