Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.250

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de xullo de 2000 pola que se clasifica como mixta a Fundación Terras de Beariz.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Terras de Beariz con domicilio en Beariz (Ourense).

Supostos de feito.

1. Jorge Luis Vales Terrazo, na súa calidade de presidente da fundación, en escrito do quince de maio de 2000, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro da Fundación de Interese Galego.

2. A fundación foi constitída en escritura pública outorgada en Vigo, o día 29 de febreiro de 2000, ante o notario Santiago Botas Prego, co número oitocentos oitenta e un do seu protocolo, por Jorge Luis

Vales Terrazo, María Josefa Rodríguez Gulías, Tomás Sancho Candedo, Jesús Antonio Rodríguez Gulías, José Janeiro Balboa, Manuel Prado López, Eladio Rodríguez Rodríguez, María del Carmen Fornos Balboa, Jesús Antonio Gulías Lamas, José López Prieto, Manuel Pontes Vecoña, José Pardo Otero, Manuel Fornos Rodríguez; interveñen todos no seu propio nome e dereito e, ademais, Jorge Luis Vales Terrazo faino en nome e representación de José Balboa Rodríguez, e Jesús Antonio Rodríguez Gulías faino en nome e representación de Manuel Muradas Candedo.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a promoción, desenvolvemento, protección e fomento de estudios actividades sociais e culturais, deportivas, cooperación para o desenvolvemento, defensa do ambiente e ocio.

4. O padroado da fundación estará constituído por Jorge Luis Vales Terrazo como presidente, Manuel Muradas Candedo como vicepresidente primeiro, María Josefa Rodríguez Gulías como vicepresidenta segunda, José Balboa Rodríguez como vicepresidente terceiro, María Esther Fortes Rodríguez como vicepresidenta cuarta, Tomás Sancho Candedo como secretario, Jesús Antonio Rodríguez Gulías como vicesecretario, José Janeiro Balboa como tesoureiro e Manuel Prado López, Eladio Rodríguez Rodríguez, María del Carmen Fornos Balboa, Jesús Antonio Gulías Lamas, José López Prieto, Manuel Pontes Vecoña, José Pardo Otero e Manuel Fornos Rodríguez como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como mixta da Fundación Terras de Beariz, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como mixta e a súa adscrición á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da

fundación e a adscrición á consellería correpondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 3 de xullo de 2000.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como mixta a Fundación Terras de Beariz e adscribila á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública