Examinado o expediente instruído por instancia de Pedro P. Rey Vera, representante do centro privado de formación profesional específica CIP de Vigo (Pontevedra), no que solicita autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior de información e comercialización turísticas, secretariado e xestión comercial e marketing.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995 do 10 de maio (DOG do 22 de maio) sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG
do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.
Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro privado de formación profesional específica CIP de Vigo (Pontevedra), para imparti-los ciclos formativos de grao superior de información e comercialización turísticas, secretariado e xestión comercial e marketing, segundo os datos que se especifican no anexo desta orde.
Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.
Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.
Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2000.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Concello: Vigo.
Localidade: Vigo.
Enderezo: r/ Brasil, 48.
Código do centro: 36024136.
Denominación: centro de formación profesional específica CIP.
Titular: Centro de Iniciativas Profesionais, CIP S.L.
-Ensinanzas que se autorizan:
Familia profesional: administración.-1 ciclo formativo de grao superior de secretariado (1 unidade para 20 alumnos).
Familia profesional: hostelería e turismo.-1 ciclo formativo de grao superior de información e comercialización turísticas (1 unidade para 30 alumnos).
Quenda: tarde-noite.
Familia profesional: comercio e marketing.-1 ciclo formativo de grao superior de xestión comercial e marketing.
Familia profesional: hostelería e turismo.-1 ciclo formativo de grao superior de información e comercialización turísticas (1 unidade para 30 alumnos).