Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Obradoiro da Coruña, solicitando o cambio de titularidade do devandito centro.
Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.
Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que, á vista da documentación achegada, a titularidade do centro correspóndelle a Promotora Educativa Coruñesa, S.L.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Obradoiro da Coruña a favor de Promotora Educativa Coruñesa, S.L. con tódolos dereitos e obrigas contraídos pola anterior titularidade.
O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2000.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria