Examinado o expediente presentado polo centro privado Casa del Niño de Santiago de Compostela, no que solicita a ampliación de tres unidades do segundo ciclo de educación infantil.
Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o envía cos informes correspondentes.
Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.
Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa
RESOLVE:
Autoriza-la ampliación de tres unidades do Segundo Ciclo de Educación Infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, facendo constar que, para a posta en funcionamento delas, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia nas unidades que se amplían.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2000.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia da Coruña
Concello: Santiago de Compostela.
Localidade: Santiago de Compostela.
Enderezo: Canteira de Arriba, nº 17-San Lázaro.
Denominación: Centro Privado Casa del Niño.
Titular: Ramón Taboada Vina.
Código do centro: 15015366.
Nivel: educacion infantil-2º ciclo.
Unidades de que constaba: 2.
Unidades novas autorizadas: 3.
Composición resultante:
Centro de educación infantil: 5 unidades.