Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do 16 de xuño de 2000, prestou aprobación ás bases da convocatoria seguinte:

Convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición libre, de dúas prazas de peón vacantes no cadro deste concello e incluídas na oferta de emprego público de 2000.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.-É obxecto da presente convocatoria, a provisión en propiedade, mediante oposición libre, de dúas prazas de peón, encadadras no grupo E, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, e incluídas na oferta pública de emprego de 2000.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.-Os aspirantes para tomar parte na oposición libre deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade ou te-la idade que a convocatoria estableza como mínima antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non excede-la idade establecida como máxima para o ingreso no corpo ou escala.

c) Posuí-lo certificado de escolaridade ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisiónde solicitudes e conservarse, polo menos, ata a data do nomeamento.

Terceira.-Presentación de instancias e dereitos de exame.-As instancias nas que se solicite tomar parte no concurso-oposición libre, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiranse ó alcalde-presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Os dereitos de exame fíxanse na contía de 2.500 pesetas agás os solicitantes en paro, que estarán exentos previa xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego conforme non perciben ningún tipo de prestación e terán de achegar xunto coa instancia a carta de pagamento acreditativa de ter ingresada a dita cantidade na Tesourería Municipal do Concello.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.-Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, na que aprobará a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos da exclusión, e a designación do tribunal cualificador que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de 10 días para emenda polos aspirantes excluídos, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada Lei.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario, exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma cá anterior.

Quinta.-Tribunal cualificador.-O tribunal que xulgará as probas de que conste o concurso-oposición, estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde-presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Segundo: o do concelllo ou funcionario en quen delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia.

O enxeñeiro municipal.

O secretario do concello.

Un representante da xunta de persoal.

O encargado da brigada de obras do concello.

Un concelleiro/a en representación de cada grupo político municipal (BNG, PP, PSOE, EU-IU).

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou peersoas nas que deleguen.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstras no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera destas ciurcunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores especailistas para as pruebas en que así coiden necesario ou conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das das súas especialidades técnicas, de acordo exclusivamente coas cales colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación.

Sexta.-Sistema de selección e comezo e desenvolvemento dos exercicos: o sistema de selección é oposición libre.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercico, no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substitutido por citación personal ós aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de terse recibida a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a realización dun exercicio e o comezo do seguinte. Os opositores serán con

vocados para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á realización do exercicio e, de seren apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

Fase da oposición:

A oposición comprenderá os seguintes exercicios:

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio:

Consistirá nunha ou en varias probas obxetivas de carácter manual, a libre elección do tribunal, entre os cometidos propios do oficio e no tempo que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cum máximo de 10 puntos.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en dúas probas:

a) Redacción en galego, dun parte de carácter administrativo, segundo as condicións e o tempo que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun maximo de cinco puntos.

b) Consistirá en resolver dous problemas propostos polo tribunal sobre as catro regras aritméticas, no tempo que fixe igualmente o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de cinco puntos.

Terceiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en cubrir por escrito un cuestionario de 40 preguntas con respostas alternativas referente ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria, nun tempo máximo de 45 minutos. Esta proba puntuará cun máximo de 10 puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez puntos (0,10) e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarse con cero coma cero cinco puntos (0,05). Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas.

Sétima.-Cualificación dos exercicios.

As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse no mesmo día en que se acorden, no taboleiro de edictos da corporación.

A cualificación final e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados virá dada pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

Oitava.-Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación, que de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá exceder do número de prazas convocadas, que neste caso é de dúas, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da

última sesión ó presidente da corporación a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

No prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da lista de aprobados, estes deberán presentar no rexistro da corporación os seguintes documentos:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa) do título de graduado escolar ou equivalente.

3. Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercico da función.

5. Os que tivesen a condición de funcionarios estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reuniran os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade.

No prazo dun mes, contado a partir da notificación do nomeamento, os aspirantes nomeados deberán tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no R.D. 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

Novena.-Resolución de dúbidas.-O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para tomalos acordos necesarios para a boa orde da oposición. En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio, o R.D. 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

Décima.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.-A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediane a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Estructura e contido.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

3. A organización territorial do Estado español. Diferentes tipos de Administración; central, autonómica, local e institucional.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. O parlamento de Galicia.

5. O municipio. O termo municipal e a poboación.

6. A organización municipal e as competencias dos seus órganos.

7. A función pública local: a súa organización e réxime xurídico. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

8. Funcionarios públicos: situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

9. O minicipio de Fene. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación.

10. Localización dos lugares do Concello de Fene. Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.

As presentes bases permanecerán expostas ó público nas secretaría do concello durante o prazo de quince días hábiles para efectos de reclamacións.

Fene, 16 de xuño de 2000.

Xosé María Rivera Arnoso.

Alcalde