Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de adquisición por concurso, en procedemento aberto, dun terreo (soar) en Sobradelo, destinado á instalación dun edificio de servicios múltiples.

2. Obxecto do contrato: a adquisición dun predio urbano (soar) sito en Sobradelo destinado á construcción dun edificio de servicios múltiples, que cumpra os seguintes requisitos:

-Superficie mínima: 350 m, permitindo unha edificabilidade mínima de 600 m e unha ocupación de 300 m por planta.

2. Orzamento: tipo de licitación: máximo 4.000.000 de ptas. (24.040,484 euros).

3. Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Garantías:

Provisional: 80.000 ptas.

Definitiva: non se esixe.

5. Obtención de documentación e información: o expediente de contratación e o prego de condicións particulares expóñense ó público durante oito días desde a súa publicación no BOP.

Os interesados poden obte-la información que consideren oportuna na secretaría do concello, teléfono: 988 33 50 02, fax: 988 33 53 79, ata o día de remate do prazo para presenta-las ofertas.

6. Presentación de ofertas: as proposicións, xunto coa documentación prevista no prego de condicións, formularanse de conformidade co modelo que figura no prego de condicións, e presentaranse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina (das 9 ás

14 horas) durante o prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou no DOG; se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

7. Criterios de adxudicación: os sinalados no prego de condicións.

8. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público no salón de sesións da casa do concello ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Carballeda de Valdeorras, 7 de xullo de 2000.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa