Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OÍMBRA

EDICTO.

Mediante acordo da Comisión de Goberno deste concello, adoptado na sesión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2000, acordouse:

1. Aproba-lo expediente de contratación por concurso, en procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, das obras que seguidamente se dirán, deste Concello de Oímbra, do exercicio de 2000.

2. Aproba-lo gasto derivado da execución das obras que se van contratar, que están incluídas no Plan Provincial Base do ano 2000, co financiamento correspondente a este plan.

3. Abri-lo procedemento de licitación destas obras, dándolle publicidade no taboleiro de edictos, no BOP e no DOG ó seguinte:

Convocatoria de concurso en procedemento aberto:

Obxecto: a execución das obras que seguidamente se especifican, facendo constar que os contratistas interesados poden presenta-la súa oferta neste con

curso para unha ou ás dúas obras, xa que cada obra se adxudicará individualmente.

a) Saneamento, abastecemento de auga e beirarrúas nas Chás-A Granxa. Orzamento execución por contrata: 10.000.000 de ptas. Autor do proxecto: Pablo Millán Trillo, enxeñeiro agrónomo. Prazo de execución: 3 meses.

b) Iluminación pública en Oímbra, Casas dos Montes e O Rosal. Orzamento execución por contrata: 5.769.000 ptas. Autor do proxecto: Pablo Millán Trillo, enxeñeiro agrónomo. Prazo de execución: 3 meses.

Orzamento base de licitación: o orzamento de execución por contrata especificado para cada obra. Nas ofertas que se formulen poderanse introducir variacións ou outras solucións técnicas co obxecto de mellora-las previsións do proxecto, sempre que se cumpran os requisitos sinalados ó describi-las melloras pola cláusula oitava do prego que rexe na contratación.

Clasificación do contratista: non se esixe para ningunha das 2 obras obxecto da convocatoria.

Prazo de execución das obras: o que se especificou anteriormente para cada obra ó describi-lo obxecto do contrato.

Garantías: como garantías para participar no concurso para execución das obras, de cada unha esixirase o 2% do orzamento de execución por contrata como garantía provisional, e o 4% dese orzamento como garantía definitiva.

Prazo de presentación das proposicións: os 13 días naturais seguintes ó da derradeira publicación, no BOP ou no DOG da convocatoria do concurso; se o último día coincidise sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo.

Realización da licitación: o concurso terá lugar ás 17 horas do día 10 de agosto de 2000.

Criterios para ter en conta na licitación:

1. As melloras que os concursantes efectúen na súa oferta nos termos establecidos, sen superar en absoluto o orzamento de execución por contrata para cada obra.

2. A valoración que efectúe a mesa de contratación da realización de obras con bos resultados de características similares para o Concello de Oímbra.

3. A rebaixa no prazo inicialmente previsto para a execución das obras.

4. Os medios técnicos, humanos e materiais que os concorrentes se comprometan a poñer ó servicio da obra.

5. O maior importe da baixa ofertada sobre o tipo de licitación.

Pagamento do prezo contractual: con cargo ó orzamento municipal de 2000, partida 5.60.

Exame do expediente: nas oficinas da secretaría deste concello, desde as 9 horas ata as 14.30 horas, durante o prazo establecido para presentar proposicións.

Presentación de documentación: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada presentaranse na forma que sinala na cláusula oitava do prego que rexe na contratación.

Gastos de anuncio: os gastos deste anuncio serán por conta dos adxudicatarios das obras.

Oímbra, 3 de xullo de 2000.

Alfonso Villarino Rodríguez

Alcalde