Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución da obra seguinte:

Obxecto: acondicionamento do campo de fútbol municipal Eugenio Pardo Conchado, en Oleiros.

Orzamento de licitación: 33.396.582 pesetas, IVE incluído.

Clasificación: A-1c, C-d, I-9c.

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución: catro meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG (ata as 13 horas).

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 4 de xullo de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa