Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, no relativo á altura das edificacións.

A Corporación Municipal deste concello, en sesión celebrada o día 30 de maio do 2000, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio, no relativo á altura das edificacións.

Exponse o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas, poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

Sanxenxo, 12 de xuño de 2000.

Telmo Martín González

Alcalde