Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. de Astariz-San Matías, no concello de Lugo. (Expediente 28/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na cidade de Viveiro 4-Lugo que solicita a probación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e os capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que durante o período en que se someteu o expediente ó trámite de información pública, se formularon as seguintes alegacións:

1º Carmen Salvador Becerra e José Bellas Ron solicitan que se corrixan os erros na identificación dos predios da súa propiedade e se teña en conta que o trazado da liña implica unha diminución do aproveitamento dos predios que debe ser avaliado ó establece-lo custo da expropiación.

2º Purificación Fernández Fontela solicita que se corrixan erros na identificación dos predios da súa propiedade e se proceda á revisión do trazado na procura dun máis xusto reparto das cargas entre tódolos afectados por aquel.

Considerando que tales alegacións, vista a contestación a elas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, non impiden continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

1º En canto ás alegacións formuladas por Carmen Salvador Becerra e José Bellas Ron, porque a empresa beneficiaria rectificou os erros detectados na relación de bens e dereitos; así mesmo, no referente á contía da indemnización que corresponda, determinarase na fase posterior na tramitación do expediente.

2º Polo que respecta ás alegacións formuladas por Purificación Fernández Fontela, porque a empresa beneficiaria rectificou os erros detectados na relación de bens e dereitos non sendo posible acceder á revisión do trazado solicitado por canto a alegante

non fai unha proposta concreta para o seu estudio que en todo caso tería que cumpri-los requisitos establecidos no artigo 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña o seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións ou limitacións sobre os predios incluídos no expediente expropiatorio ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Barras Eléctricas Calaico-Asturianas, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Astariz, cunha tensión de 20 kV con orixe na L.M.T. o C.T. de Abelaira e remate no C.T. de Astariz, cunha lonxitude de 1,458 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e 8 apoios de formigón e 6 metálicos.

2. Liña de media tensión aérea ó C.T. de San Matías, cunha tensión de 20 kV. Orixe no P-6 da L.M.T. ó C.T. de Astariz e remate no C.T. de San Matías, cunha lonxitude de 0,294 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e 1 apoio de formigón e 2 metálicos.

3. Centro de transformación intemperie de Astariz, instalado en Astariz, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación intemperie de San Matías, instalado San Matías, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Liña de baixa tensión de Astariz, con orixe no C.T. de Astariz, cunha lonxitude de 2,455 km e 56 apoios de formigón.

6. Liña de baixa tensión de San Matías, con orixe no C.T. de San Matías, cunha lonxitude de 1,825 km e 39 apoios de formigón.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igual

mente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 9 de marzo de 2000.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que polo representante da Administración se dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso de data 21 de marzo de 2000, Diario Oficial de Galicia de data 7 de abril de 2000 e no BOP de Lugo do 3 de maio, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Lugo. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 5 de xuño de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo