Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 30 de xuño de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona requirimento de citación pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Núñez Gómez, Manuel).

De conformidade co disposto nos artigos 151 do Regulamento xeral de recadación, e 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redación dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social; relaciónase requirimento de citación pendente de notificar, despois de intentada notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 30 de xuño de 2000.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Núñez Gómez, Manuel (33.740.618D); r/ Xeneral Salgado 4, Monterroso, Lugo.

Procedemento: citación para o outorgamento da escritura de compravenda do inmoble adxudicado en poxa pública o día 29 de marzo a Antonio Vilariño Sánchez.