Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.794

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de xuño de 2000 pola que se autoriza a modificación dos estatutos da Fundación Florencio Álvarez-Mª Teresa Esteban.

Tramitado perante esta consellería o expediente da modificación dos estatutos da Fundación Florencio Álvarez-Mª Teresa Esteban.

Resultando que por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de marzo de 1991 esta fundación foi clasificada e inscrita no Rexistro de fundacións desta consellería como benéfico-docente, e se lle aproban os estatutos que figuran na carta fundacional outorgada en escritura pública do 28 de xuño de 1990, protocolizada co nº 1.738 do notario de Ourense Antonio Pol González.

Resultando que a Fundación Florencio Álvarez-Mª Teresa Esteban instou perante esta consellería a modificación dos seus estatutos mediante a presentación de senllas escrituras públicas dos anos 1993 e 2000, do notario Antonio Pol González, de Ourense, cos números de protocolo 3.311 e 1.044, respectivamente.

Atendendo ó disposto na Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983, e no Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado por Decreto 248/1992, do 18 de xuño.

Téndose cumpridos os requisitos a que se refire o artigo 10 da Lei 7/1983, e mailos artigos 32.3º e 38 do citado Decreto 248/1992.

Considerando que esta modificación estatutaria é conforme coa vontade fundacional que se expresa na súa carta fundacional.

Esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la modificación, e conseguinte refundición, dos estatutos da Fundación Florencio Álvarez-Mª Teresa Esteban nos termos que figuran nas escrituras públicas dos anos 1993 e 2000, do notario Antonio Pol González, de Ourense, cos números de protocolo 3.311 e 1.044, respectivamente.

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de fundacións deste protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrará en vigor tal cambio estatutario.

Terceiro.-A presente disposición pon fin á vía administrativa, de acordo co establecido no artigo 109.c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria