Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.794

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 582/1994, do 14 de xullo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0000195/1991, interposto por Joaquín Gallego Rodríguez e María del Carmen Rodríguez Piñeiro, contra a desestimación presunta por silencio administrativo do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do recurso de alzada contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 20 de xaneiro de 1990, sobre aprobación definitiva das normas subsidiarias de planeamento para o concello de Sanxenxo; dictouse sentencia 582/1994, do 14 de xullo, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia 582/1994, do 14 de xullo, que a seguir se transcribe:

«Decidimos: que estimando en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Joaquín Manuel Gallego Rodríguez e María del Carmen Rodríguez Piñeiro contra a desestimación presunta por silencio administrativo do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, do recurso de alzada formulado por Joaquín Manuel Gallego Rodríguez e María del Carmen Rodríguez Piñeiro, contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra, do 29-1-1990, sobre aprobación definitivamente o das normas subsidiarias de planeamento para o concello de Sanxenxo, e, en consecuencia, debemos anular e anulámo-lo referido acordo impugnado do 29-1-1990, no extremo relativo á asunción e aceptación polo dito acordo do convenio de urbanísmo mencionado no fundamento de dereito terceiro desta

sentencia, convenio subscrito polo alcalde do concello de Sanxenxo e Tomás Escalonilla Muncharaz, así como no extremo relativo á cualificación como zona verde do terreo da parte actora nas inmediacións do ámbito territorial do dito convenio».

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda