Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.793

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 230/1994, do 30 de marzo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0004698/1992, interposto por Carlos Delfín Estevez Feijóo e Enrique Marcote Rodríguez, contra a resolución da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 11 de xuño de 1992, pola que se declara inadmisible o recurso de alzada deducido contra resolución da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 26 de novembro de 1991, pola que se aproba definitivamente o Plan especial de reforma

interior da Palma, do concello de Baiona; dictouse a sentencia 230/1994, do 30 de marzo, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia 230/1994, do 30 de marzo, que a seguir se transcribe:

«Decidimo: que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Carlos Delfín Estevez Feijóo e Enrique Marcote Rodríguez contra resolución da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 11 de xuño de 1992, pola que se declara inadmisible o recurso de alzada deducido contra outra da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 26 de novembro de 1991, pola que se aproba definitivamente o Plan especial de reforma

interior da Palma, do concello de Baiona; declarámo-la nulidade de pleno dereito das referidas resolucións».

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda