Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.791

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 6 de xullo de 2000, polo que se modifican as relacións de postos de traballo das consellerías da Presidencia e Administración Pública, de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Para lle dar cumprimento ó disposto nas sentencias 94/1997, do 12 de febreiro, 166/1997, do 5 de marzo, 241/1997, do 9 de abril, 245/1997, do 2 de abril, 246/1997, do 2 de abril, 265/1997, do 17 de abril 287/1997, do 23 de abril e 290/1997, do 23 de abril, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia adecuanse as características de varios postos de traballo das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Así mesmo, realízase unha modificación puntual de relación de postos de traballo da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

En consecuencia, por proposta das devanditas consellerías, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Personal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do seis de xullo de dous mil, adoptou o seguinte,

ACORDO:

1º Modifica-las vixentes relacións de postos de traballo das consellerías da Presidencia e Administración Pública, Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, nos termos que se sinalan nos anexos ó presente acordo.

2º Ordena-la publicación das ditas modificacións no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do seis de xullo de dous mil, relativo ás modificacións da relacións de postos de traballo das consellerías da Presidencia e Administración Pública, Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública