Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.795

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de xuño de 2000 pola que se regula a concesión de axudas para a creación no litoral de infraestructuras para actividades de tipo turístico, cultural e de lecer vinculadas ó mar.

Advertido un erro no texto da citada orde publicada no DOG nº 122, do 23 de xuño de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 9.865, no artigo 3º.1. Beneficiarios, no segundo parágrafo, onde di: «... ou polo menos delegacións abertas que realicen actividades con continuidade», debe dicir: «... ou polo menos abrir delegacións que realicen actividades con continuidade no caso de concesión das axudas».

-Na páxina 9.866, no artigo 8º.10. Documentación, onde di: «Certificado de situación de realización do investimento para o que se solicita a axuda no momento da solicitude», debe dicir: «Certificado de non-inicio da realización do investimento para o que se solicita a axuda no momento da solicitude».

-Na páxina 9.867, no artigo 15º Mantemento da actividade e obriga de reintegro, no primeiro parágrafo, onde di: «... tres (3) anos...», debe dicir: «... cinco (5) anos...».