Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.677

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (20/2000).

En Santiago de Compostela a sete de xuño de dous mil.

Vistos os presentes autos de xuízo de faltas número 20/2000, por Mª Fe López Juiz, maxistrada-xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, dictouse resolución consonte o que se dirá, sendo as partes como denunciante-denunciados Ángel Pais Pol, Vanessa de la Fuente García, Yolanda Boquete Botana, José Manuel Calvelo Suárez; e como denunciados-denunciantes Lionel Tolentino, Víctor Mariano II Mariano Rosalina, Warlito de la Cruz. Interven o Ministerio Fiscal.

I.-Antecedentes.

Primeiro.-As actuacións teñen o seu orixe na denuncia con data do 2 de abril de 2000 presentaron, a partir das 5.58 horas, na comisaría de Policía Nacional desta cidade, os señores Pais Pol, De la Fuente García, Boquete Botana, Calvelo Botana polos feitos que se dirán.

Así mesmo os señores Lionel Tolentino, Víctor Mariano II, Warlito de la Cruz presentaron na mesma data, a partir das 8.45, denuncia na mencionada comisaría, polos feitos que se dirán.

Segundo.- Reputadas faltas os feitos, celébrase vista oral o día 6 de xuño de 2000, co resultado que consta, solicitando a fiscal a condena de Víctor Mariano II por unha falta de lesións do artigo 617.1º do Código Penal a pena de 30 días cunha cota diaria de 1.000 ptas. e que indemnice a Ángel Pais Pol en 30.000 ptas. polas lesións e que aboe o Sergas 24.840 pesetas polos gastos médicos ocasionados. Condena a Víctor Mariano II por dúas faltas de ameazas do artigo 620.1º do Código Penal a 15 días mula e 1.000 pesetas/día para cada falta e outra falta do artigo 617.2º a 15 días multa con cota diaria de e 1.000 ptas.

Condena de Warlito de la Cruz a falta de ameaza do 620 número un a 15 días multa 1.000 pesetas/días, e outra do artigo 617.2º a 15 días con cota diaria de 1.000 pesetas.

Condena de Ángel Pais por unha falta do artigo 617.2º do Código Penal a 15 días de multa con una cota diaria de 1.000 ptas.; e outra falta de lesións do art. 617 número un a 40 días con cota diaria de 1.000 ptas. e que indemnice a Víctor Mariano en 85.000 ptas., e que aboe o Sergas en 24.840 ptas.

Condena de J.M. Calvelo Suárez a unha falta de maltrato de obra do artigo 617.2º do Código Penal a 15 días multa cunha cota diaria de 1.000 ptas., e outra de lesións do artigo 617.1º do Código Penal a 40 días multa cunha cota diaria de 1.000 ptas.

e que indemnice a Warlito de la Cruz nos gastos médicos que se determinen na execución de sentencia. Non formulando a fiscal acusacións respecto a Vanessa de la Fuente, Yolanda Boquete e de Lionel Tolentino.

Ángel Pais, José M. Calvelo, Víctor Mariano II, Warlito de la Cruz interesan a súa libre absolución.

II.-Feitos probados.

Primeiro.-Da lectura das actuacións e en especial, do xuízo oral se deduce que o día 2 de abril de 1999 sobre as 4.30 horas, na discoteca Apolo desta cidade atopábanse no seu interior Víctor, Warlito en compaña de outros amigos, e por outra parte Ángel, Vanessa e Yolanda. Iniciouse unha pelexa no interior da discoteca, sendo agredido Ángel por parte de Víctor y Warlito. Unha vez que estiveron fóra da discoteca Víctor y Warlito sacaron os cintos e ameazaron a Ángel, Vanessa e Yolanda. J.M., Calvelo vendo que Víctor lle pegaba o seu amigo Ángel quixo separalo e pegáronlle a el pero quen lle pegou non está na sala. Cando estaban na praza Roxa, Víctor sacou unha navalla e ameazou a Ángel e a Vanessa, chegando Víctor a poñe-la navalla a Ángel no estómago. Chamando posteriormente á policía.

Así mesmo, como dixen máis arriba, no interior da discoteca houbo unha pelexa entre os filipinos e Ángel. Sendo golpeados Víctor e Warlito por Ángel, procedendo os porteiros da discoteca a expulsalos dela, continuando a pelexa fóra da discoteca, onde continua a pelexa sendo golpeado Víctor e Warlito por J.M. Calvelo e Ángel, sacando os cintos Víctor e Warlito para defender.

III.-Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Próbase a lesión Ángel Pais polo parte hospitalario de asistencia, completados cos informes de sanidade médico-forense, lesións que só puideron ser debidas pola agresión causada por Víctor Mariano como se proba nas declaracións das persoas implicadas.

Segundo informe médico, precisou dunha soa asistencia, sen ingreso hospitalario, tardando en curar 5 días, quedando 1 día incapacitado para o desenvolvemento das súas ocupacións habituais, curando sen secuelas nin deformidade. Por todo isto, debe considerarse que Víctor Mariano é autor responsable dunha falta de lesións, prevista no artigo 617.1º do Código Penal, debendo sancionarse coa pena que se dirá tendo en conta o artigo 638 do Código Penal.

Próbase a lesión de Víctor Mariano polo correspondente parte hospitalario de asistencia, completado co informe de sanidade médico-forense, lesións que so puideron ser debidas á pelexa habida con Pais Pol, como se proba en declaracións das persoas implicadas.

Segundo o dito informe, precisou dunha soa asistencia, sen ingreso hospitalario tardando 8 días en

curar, quedando 3 días incapacitado para o desenvolvemento das súas ocupacións habituais, curando sen secuelas nin deformidade. Por todo isto, considerarase que Pais Pol é autor dunha falta de lesións, prevista no artigo 617.1º do C.P. coa pena que se dirá, visto o artigo 638 do Código Penal.

Próbase a lesión de Warlito polo correspondente parte hospitalario de asistencia, completando co informe de sanidade médico-sanitario, lesións que foron ocasionadas por Pais Pol, como proba en declaración das persoas implicadas.

Segundo o dito informe, precisou dunha soa asistencia, sen ingreso hospitalario, tardando 6 días de curación, quedando 2 días incapacitado para o desempeño das súas ocupacións habituais, curando sen secuelas nin deformidade. Por iso, debe considerarse que J.M. Calvelo é autor dunha falta de lesións, prevista no artigo 671.1º do C.P. coa pena que se dirá, visto o artigo 638 do Código Penal.

Segundo.-Próbase que Víctor Mariano maltrato de obra a J.M. Calvelo como o proba as declaracións de Yolanda, Vanessa así como pola súa propia declaración, sendo por tanto Víctor autor dunha falta do artigo 617.2º prevista no C.P. coa pena pedida polo Ministerio Fiscal ó ser axustada a dereito.

Das declaracións de Ángel e das demais persoas implicadas próbase que Warlito é autor dunha falta do artigo 617.2º do C.P. coa pena pedida polo Ministerio Fiscal ó ser axustada a dereito.

Así mesmo das declaracións de Víctor e de Warlito próbase que Ángel Pais é tamén autor dunha falta do artigo 617.2º do C.P. coa pena pedida polo Ministerio Fiscal ó ser axustada a dereito.

Das declaracións de Víctor e Warlito se proba que J. M. Calvelo é autor dunha falta do artigo 617.2º do Código Penal, coa pena pedida polo Ministerio Fiscal ó ser axustada a dereito.

Terceiro.-Das declaracións vertidas na vista oral polas persoas implicadas (Ángel, Vanessa, Yolanda, Calvelo) e en especial pola testemuña, Diego Pérez, acredítase que Víctor Mariano ameazou cunha navalla a Ángel e a Vanessa, sendo por tanto autor de dúas faltas do artigo 620.1º prevista no Código Penal coa pena pedida polo Ministerio Fiscal, ó ser axustado a dereito.

Así mesmo das declaracións vertidas no xuízo oral por Ángel, Vanessa, Yolanda, Calvelo, e incluso o propio Warlito manifesta na vista oral que se sacaron o cinto. Por tanto a Warlito é tamén autor dunha falta de ameazas do artigo 620.2º prevista no Código Penal coa pena pedida polo Ministerio Fiscal ó ser axustado a dereito.

Terceiro.-En canto a responsabilidade civil derivada (artigo 16.1º do Código Penal), Víctor Mariano indemnizará a Ángel Pais en 30.000 pesetas polas lesións ocasionadas e que aboe ó Sergas a cantidade de 24.840 pesetas.

Ángel Pais indemnizará a Víctor Mariano en 85.000 pesetas polas lesións ocasionadas e que lle aboe ó Sergas a cantidade de 24.840 pesetas.

J.M. Calvelo indemnizará a Warlito de la Cruz en 40.000 pesetas por lesións e que lle aboe ó Sergas a cantidade de 24.840 pesetas.

Cuarto.-Segundo o disposto no artigo 123 C.P., as costas procesuais se impondrán proporcionalmente ás persoas criminalmente responsables dun delicto ou falta.

Dictame.

Condeno a Víctor Mariano II, como autor dunha falta de lesións do 617 nº 1 do Código Penal, á pena de 1 mes de multa con cota diaria de 1.000; por dúas faltas de ameaza do artigo 620.1º do Código Penal a pena de 15 días de multa cunha cota diaria de 1.000 ptas. para cada falta; por unha falta do artigo 617.2º do Código Penal a unha pena de 15 días de multa cunha cota diaria de 1.000 ptas., que deberá satisfacer por ingreso na conta oficial do xulgado.

Condeno a Warlito de la Cruz como autor dunha falta de ameaza do artigo 620.1º do Código Penal a unha pena de 15 días de multa cunha couta diaria de 1.000 ptas.; por unha falta do artigo 617.2º do Código Penal a unha pena de 15 días multa cunha cota diaria de 1.000 ptas., que deberá satisfacer por ingreso na conta oficial do xulgado.

Condeno a Ángel Pais Pol como autor dunha falta de lesión do artigo 617.2º do Código Penal a unha pena de 15 días de multa cunha cota diaria de 1.000 ptas.; por unha falta do artigo 617.1º do Código Penal a 30 días de multa cunha cota diaria de 1.000 ptas., que deberá satisfacer na conta oficial do xulgado.

Condeno a José Manuel Calvelo Suárez a unha falta do artigo 617.2º do Código Penal a unha pena de 15 días cunha cota diaria de 1.000 ptas.; por unha falta de lesións do artigo 617.1º do Código Penal a unha pena de 30 días de multa cunha cota diaria de 1.000 ptas., que deberá satisfacer na conta oficial do xulgado.

Absolvo a Vanessa de la Fuente Garica, Yolanda Boquete Borana e Lionel Tolentino, respecto de responsabilidade penal polos feitos que se lles imputan.

No caso de non-pagamento, e a falta de bens embargables, quedará afecta a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias insatisfeitas e ó pago das costas.

Víctor Mariano II indemnizará a Ángel Pais á cantidade de 30.000 ptas. polas lesións sufridas, e que aboe ó Sergas a cantidade de 24.840 ptas.

Ángel Pais Pol indemnizará a Víctor Mariano II o importe de 85.000 pesetas por lesións, e que lle aboe ó Sergas o importe de 24.840 pesetas.

José Manuel Calvelo Suárez indemnizará a Warlito de la Cruz o importe de 40.000 pesetas polas lesións, e que lle aboe ó Sergas a cantidade de 24.840 pesetas.

Tódalas persoas criminalmente responsables deben responder proporcionalmente das custas do proceso.

Así por esta a miña sentencia, que notificarase ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación ante este xulgado para a audiencia provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última modificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, a pronuncio, mando e asino.

Publicación.-Lida e publicada foi a anterior sentencia por Mª Fe López Juiz, maxistrada-xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres, que a dictou constituída en audiencia pública, no día da data. Dou fe.