Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.679

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (183/2000-4).

Eu, Ángel-Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fago saber:

Que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado número 183/2000-4, notifícaselle a José Antonio García García a providencia con data do 9 de xuño de 2000 dictada neles, que no seu encabezamento e na súa parte dispositiva é como segue:

«Providencia maxistrado-xuíz Ramírez Sineiro. A Coruña, 9 de xuño de 2000.

Pola que S.Sª.: tendo conta o contido dos autos número 183/2000-4 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña e sen prexuízo da conservación no seu caso do correspondente prazo interpositorio da presente vía xurisdiccional contencioso-administrativa, antes de admiti-lo presente recurso a trámite, acorda requiri-la parte demandante mediante a notificación da presente providencia co fin de que no improrrogable prazo de dez días formalice aquela comparecencia desde logo omitida e ó respecto prescrita polo imperativo teor do artigo 45.3º ab initio da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así como antes de admitir a trámite o presente recurso, requírese ó recorrente co fin de que emende as seguintes omisións:

a) De conformidade co establecido no artigo 45.3º do citado corpo legal, compareza en autos en legal

forma con asistencia de letrado en todo caso, segundo o disposto no artigo 23.1º da citada norma legal con expresa advertencia de arquivo das actuacións.

b) Achegue poder que acredite a súa representación dos recorrentes ou outorgue o apud acta ante este xulgado.

c) Formalice interposición directa de demandade conformidade a contrario sensu cos artigos 78.2º e 45.3º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

d) Achegue copia simple da resolución obxecto do presente recurso, todo iso con expresa advertencia de arquivo das actuacións.

Visto o contido da anterior dilixencia de constancia estendida polo secretario deste xulgado e non sendo designado o recorrente domicilio para recibir notificacións e citacións no presente procedemento, notifíqueselle a presente resolución mediante a súa publicación no DOG signifíqueselle o dereito que o asiste de interpoñer eventual recurso de súplica no prazo de cinco días, contados a partir do día seguinte ó da súa correspondente notificación, ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersonal a quo residenciado nesta capital.

Mándao e asínao S.Sª., do que, como titular da súa secretaria, dou fe».

E para que lle sirva de notificación ó demandado José Antonio García García, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña o nove de xuño de dous mil.

Ángel Javier Martín Sánchez

Secretario