Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2000 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, da distribución do fondo editorial da Xunta de Galicia.

1. Obxecto: contratación da distribución do fondo editorial da Xunta de Galicia, de acordo cos seguintes lotes:

-Lote nº 1: distribución do fondo editorial dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Lote nº 2: distribución do fonto editorial en Portugal e Brasil.

-Lote nº 3: distribución do fondo editorial no resto de España e do mundo.

2. Prazo de execución: dous anos, contados desde a data do contrato que se formalice. O contrato correspondente ó lote número 1 formalizarase a partir do día 20 de outubro, data na que remata o prazo de vixencia do actual contrato.

3. Garantía definitiva:

-250.000 pesetas (1.502,530 euros) para os lotes 2 e 3, indiferentemente que se licite a un ou ós dous lotes.

-500.000 pesetas (3.005,060 euros) para o lote número 1.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

5. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio.

6. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do terceiro día hábil, contado desde o seguinte ó remate do prazo para presenta-las ofertas.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública