Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de papel de fotocopiadora.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público polo procedemento aberto e tra

mitación ordinaria para a contratación da subministración de papel de fotocopiadora. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 14/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de papel de fotocopiadora.

b) Lugar de entrega: o lugar sinalado na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas.

c) Prazo de entrega: o prazo de entrega será de tres días hábiles contados a partir da data de cada pedido que efectúe a Administración.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dous millóns seiscentas oitenta e unha mil duascentas cincuenta pesetas (2.681.250 ptas. ou 16.114,64 euros).

5. Garantías.

Provisional: 53.625 ptas. (322,29 euros).

Definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario (Habilitación de pagamentos).

b) Domicilio: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: a xustificación da solvencia económica realizarase por algún dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (LCAP). A xustificación da solvencia técnica do xeito indicado no artigo 18 da LCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación a presentar: a indicada na cláusula 7 do P.C.A.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do quinto día natural, sempre que non sexa sábado ou día inhábil, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda