Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.677

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (5/2000-J).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de falta número 5/2000, sobre lesións en agresión, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

«Debo absolver e absolvo a Hipólito Liñayo Campos, a Pedro López Jurjo, a Paulino González Paz e a José Rey Rilo, dos feitos xulgados nas presentes actuacións, con declaración das custas procesuais de oficio...

Notifíqueselle esta resolución ás partes con indicación de que non é firme e poden interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tratarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da L.e.criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Para que lle sirva de notificación ó denunciante/denunciado, Paulino González Paz, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto, en Noia o quince de xuño de dous mil.

O secretario

Rubricado