Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.580

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 14 de xuño de 2000 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados ós concellos galegos para misións de protección civil.

Por Orde do 29 de decembro de 1999 (DOG nº 25, do 7 de febreiro), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para misións de protección civil.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación polos servicios competentes da Dirección Xeral de Protección Civil emitiuse o correspondente informe, e de conformidade co punto 5 da devandita orde

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.05.624.1, programa 231 A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2000, a cesión en propiedade dun vehículo todo-terreo modelo Nissan Patrol longo, teito alto, 6 cc, diésel RD 28 equipado para misións de protección civil ós seguintes concellos: Ares; A Coruña; Boiro; Cor

cubión; Ribeira; Barreiros; Pol; Avión; Riós; Cambados; Forcarei e Mos.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais