Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.578

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 30 de xuño de 2000 pola que se modifica o modelo de solicitude de prima por sacrificio de bovinos, establecido na Orde do 30 de decembro de 1999.

A orde desta consellería, do 30 de decembro de 1999 (DOG nº 2, do 4-1-2000), regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión, entre outras, da prima por sacrificio de gando vacún para o ano 2000 na Comunidade Autónoma de Galicia, establecéndose, nos seus anexos 1-SA1 e 1-SA2, o modelo normalizado da solicitude da dita prima.

A experiencia adquirida na tramitación desta prima aconsella establecer un novo modelo normalizado, que conteña tódolos datos necesarios para unha adecuada xestión dos procedementos que se inician coas solicitudes que se presenten.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1ª 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Os anexos 1-SA1 e 1-SA2 da Orde do 30 de decembro de 1999, pola que se regula o procedemento para as solicitudes, tramitación e concesión das axudas ós productores de determinados cultivos herbáceos na campaña de comercialización 2000/2001 e determinadas primas gandeiras para o ano 2000, na Comunidade Autónoma de Galicia, substitúense polos anexos 1-SA1 e 1-SA2 desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria