Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.578

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000472/2000 interposto por María Teresa Castro García.

O 7 de xuño de 2000, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia polo que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0000472/2000, interposto por María Teresa Castro García, contra a resolución do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria de data 14-3-2000, sobre denegación de habilitación para impartir lingua inglesa en educación primaria no Colexio Cristo Rey de Ferrol.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento

a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria