Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.531

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de xuño de 2000 pola que se lle concede a autorización definitiva ó Conservatorio Profesional de Música de Lalín, para imparti-las ensinanzas de música correspondentes ó grao medio establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades e o artigo 1º do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23), establece que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden as ditas competencias.

Polo Decreto 297/1990, do 9 de maio (DOG do 25), créase o Conservatorio Profesional de Música Oficial non estatal dependente do concello de Lalín para imparti-las ensinanzas dos graos elemental e medio, reguladas polo Decreto 2618/1966, do 10 de setembro (BOE do 24 de outubro).

Tendo en conta a disposición transitoria sétima do Real decreto 389/1992, do 15 de abril (BOE do 28), e que o dito conservatorio conta coa autorización para poder imparti-lo grao elemental dos ensinos previstos na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. Así mesmo

o Concello de Lalín subscribiu, con data do 31-10-1995, un convenio coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polo que se lle recoñece provisionalmente a validez académica das ensinanzas do grao medio de música reguladas na citada Lei orgánica 1/1990, que se imparten no mencionado conservatorio, condicionando a dita autorización ó cumprimento dos requisitos mínimos previstos no artigo 15.1º do Real decreto 389/1992, do 15 de abril (BOE do 28).

Vistos os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra sobre o cumprimento efectivo, por parte do dito concello, dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, para os centros que impartan as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro, título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que a estructura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 253/1993, do 29 de xullo (DOG do 25 de outubro), polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorízase o Conservatorio Profesional de Música dependente do concello de Lalín a imparti-las ensinanzas correspondentes ó grao medio establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.

Segundo.-O mencionado conservatorio queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados na presente orde.

Terceiro.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición transitoria

O centro poderá impartir, ademais, con validez académica oficial, as ensinanzas das materias correspondentes ó plan de estudios regulamentado polo Decreto 2618/1966, do 10 de setembro (BOE do 24 de outubro), que non foran suprimidas polo Real decreto 986/1991, do 14 de xuño (BOE do 25 de xuño), modificado polos reais decretos 535/1993, do 12 de abril (BOE do 4 de maio),

1487/1994, do 1 de xullo (BOE do 28 de xullo), 1468/1997, do 19 de setembro (BOE do 20 de setembro), 173/1998, do 16 de febreiro (BOE do 17 de febreiro) e o Real decreto 1112/1999, do 25 de xuño (BOE do 8 de xullo).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las medidas necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Lalín.

Localidade: Lalín.

Enderezo: Rúa do Parque, 10.

Código: 36019372.

Titular: Concello de Lalín.

Denominación: Conservatorio Profesional de Música de Lalín.

Postos escolares: grao elemental 150, grao medio 180.