Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.530

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2000, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establece que a canalización da participación e inscrición en competicións de ámbito estatal dos clubes e seleccións de fútbol sala de Galicia se fará a través da Federación Galega de Fútbol.

A Secretaría Xeral para o Deporte á vista da reclamación formulada por diversos clubes de fútbol sala desta Comunidade Autónoma, no sentido de que a Real Federación Española de Fútbol non admitía a súa participación nas competicións nacionais orga

nizadas por esta, despois de mante-los oportunos contactos coa devandita Real Federación Española de Fútbol, con asistencia dunha representación do Consello Superior de Deportes, acorda dicta-la seguinte,

RESOLUCIÓN:

Primeiro.-En exercicio das funcións de delegación en Galicia da Real Federación Española de Fútbol que corresponden á Federación Galega de Fútbol, esta canalizará a participación e inscrición en competicións de ámbito estatal dos clubes e seleccións de fútbol sala en Galicia nos termos e condicións establecidos pola Real Federación Española de Fútbol con carácter unitario no ámbito territorial do Estado.

Segundo.-Consecuentemente as federacións galegas de Fútbol e de Fútbol Sala deberán adoptar con carácter inmediato as disposicións necesarias para o cumprimento efectivo da presente resolución dando conta delo a esta Secretaría Xeral para o Deporte.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2000.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte