Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.530

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 27 de xuño de 2000 pola que se substitúe un vocal do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade.

O Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade, crea no seu artigo 4º o Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade como órgano consultivo e de estudio da Comunidade Autónoma de

Galicia en materia de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade.

Por orde da Consellería de Medio Ambiente do 28 de setembro de 1999, noméanse os vocais compoñentes do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade.

Tendo en conta que a Federación Galega de Municipios e Provincias comunicou a substitución do seu representante no Pleno do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, é necesario que se proceda á súa publicación mediante orde no Diario Oficial de Galicia que modifique a orde de nomeamentos do 28 de setembro de 1999.

Por todo iso, dado que as funcións de aplicación da normativa sobre protección de animais domésticos e salvaxes en catividade foron asignadas á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese Julio Álvarez Núñez como vocal titular en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias, do Pleno do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade.

Artigo 2º

Designar a Sofía López Liñares como vocal titular en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias, do Pleno do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente